Friol contratará a oito persoas para o servizo contraincendios

O xoves remata o prazo de presentación de solicitudes para o proceso de contratación de persoal contra incendios aberto no Concello de Friol.

Segundo figura no anuncio do BOP do día 11, o proceso abriuse para tres peóns de brigada e un peón condutor. Neste caso, o salario bruto a percibir será de 1.108,33 euros brutos ao mes. O Concello tamén contratará a tres condutores de vehículos motobomba, que percibirán 1.133,21 brutos ao mes. As contratacións para as brigadas complétanse coa de peón xefe, cuxo salario ascenderá aos 1.249,14 euros.

En todos os casos, os contratos serán de tres meses e de xornada completa. As persoas interesadas terán ata este xoves para presentar as súas solicitudes.

Etiquetas