Un novo caso de coronavirus en Lugo e dous en Galicia

Lugo conta hoxe, xoves, cun caso activo máis de coronavirus. Os datos do Sergas reflicten 18 pacientes con covid-19, un máis que o día anterior. Ademais, dos dous ingresados no Hula, un deles foi dado de novo de alta polo que só queda un mentres o resto segue nos seus domicilios.

Desde que se iniciou a pandemia rexistráronse 919 altas na provincia e 28 falecidos a causa do virus.

Mentres estes datos seguen en Lugo, en Galicia son dous casos máis, o que supón o terceiro repunte no prazo dunha semana. Trátase de poucos casos que, sumado á ralentización do descenso, preocupan aos expertos.

Ademais do caso que aumenta en Lugo, hai que sumar o de Santiago mentres que o resto de áreas sanitarias seguen sen cambios.

Deste xeito, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 343, deles 109 son da área da Coruña, 18 da de Lugo, 25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 337 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.506 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 162.562.

ESPAÑA

Mentres tanto, o informe do Ministerio de Sanidade sobre a evolución da pandemia de coronavirus informou onte de 141 contaxios diagnosticados o día previo, unha cifra que case duplica os 76 rexistrados o día anterior. Con todo, son menos dos 167 que notificaba Sanidade o pasado mércores, o que mantén a tendencia á baixa dos contagios.

Dos 141 contaxios rexistrados, preto da metade (65) corresponden a Madrid, mentres que 23 corresponden a Cataluña e 24 a Castela e León. Seis comunidades autónomas non reportan contaxios diagnosticados con data de onte.

O número de casos totais diagnosticados a última semana (e que inclúen tamén infeccións xa superadas) é de 1.578, mentres que nos anteriores 14 días foron 4.173.

O informe segue sen actualizar o número total de falecidos, que permanece en 27.136 desde o pasado 7 de xuño. Sanidade informa de 30 mortes ocorridas nos últimos sete días.

Respecto ás hospitalizacións, na última semana son 97 os enfermos de covid-19 que precisaron ingreso e 10 os que o fixeron nas unidades de coidados intensivos. O pasado luns, Simón destacou que nas últimas dúas semanas o número de hospitalizados graves (nestas unidades) caeu preto do 50%.

Ata este mércores, en todo o mundo notificáronse 444.426 falecementos por COVID-19, segundo os datos actualizados da Universidade John Hopskins. O número de infeccións rexistradas superou xa os 8,2 millóns con Estados Unidos, Brasil e Rusia como focos actuais da pandemia. A importancia dos casos fóra de España cobra maior importancia a poucos días de que se reabran as fronteiras, para o día 21 de xuño no espazo europeo Schengen e a partir do 1 de xullo en terceiros países.

AS NOVAS NORMAS

  • Mantéñense as medidas de hixiene, desinfección e ventilacións de todos os locais de uso público.
  • O espazo de seguridade entre persoas debe ser de metro e medio.
  • O uso da máscara é obrigatorio se non se pode manter a distancia de seguridade.
  • Aforos en todos os recintos deberá estar como máximo ao 75% da súa capacidade e para visitas guiadas en actividades ou restaurantes os grupos de persoas non deberán exceder das 25 persoas. As áreas comúns dos centros comerciais deberán estar ao 50%.
  • Reabren os parques infantís, biosaudables, zonas deportivas, pistas e espazos en xeral de uso público pero sempre respectandoa capacidade máxima dunha persoa cada catro metros cadrados.
  • As oficinas ou vestiarios e espazos comúns deberá respectarse o metro cadrado de espacio por persoa.
  • As terrazas ao airela libre incrementan a súa ocupación ata o 80%.
  • Na hostalería recoméndase a pago con tarxeta, a desinfección periódica, as mantelerías dun só uso e os produtos monodosis.
  • As actividades en espazos pechados como academias, bibliotecas, museos, cines o igrexas recomendan unha ocupación do 75% e grupos con máximo de 25 persoas.
  • En velorios o límite está en 60 persoas ao aire libre e 30 en lugares pechados. A comitiva pode ser de 75 persoas.
  • En vodas o máximo é de 250 ao aire libre e 150 en interior.
  • As piscinas poderán estar ao 75% con desinfección continua de vestiarios e aseos mentres que nas praias deberán respecta os catro metros cadrados por persoa.
  • Están permitas as actividades deportivas con público que terá que estar sentado e ao 75% do aforo do local cun máximo de 300 persoas en lugar pechado e mil ao aire libre.
  • Congresos, reunións e conferencias tamén ao 75% do aforo. con 300 persoas sentadas en espazos pechados e mil ao aire libre.

PERMITIRANSE A PARTIR DO 1 DE XULLO

  • As verbenas e festas populares
  • Atraccións de feiras
  • Discoteas e locis de ocio nocturno
  • Establecementos de xogo e entretemento xuvenil e infantil
  • Albergues

Etiquetas