Este mércores volverán manifestarse polo centro médico de Parga

Por segunda ocasión semana consecutiva, veciños de Parga están citados a manifestarse contra a decisión da Xunta de Galicia de non recuperar a totalidade do funcionamento do ambulatorio de Parga. A pasada semana unha concentracion ante o propio centro de saúde e outra no Hula reivindicaron esta  a apertura total do centro. POlo de pronto, este día un, mércores, están citados para manifestarse diante do centro médico de Guitiriz, a partir das 10.00 horas.

O consultorio, que se pechou ao inicio do Estado de Alarma para centralizar a atención en Guitiriz coa promesa de retomar a súa actividade cando este finalizase, só está a abrir os martes e os xoves para levar a cabo extraccións de sangue.

A xerencia do Sergas recibiu aos representantes veciñais que, ante o argumento de que o consultorio non cumpre as medidas de seguridade requiridas, trasladaron unha oferta que recibiron dunha empresa de Madrid para instalar en Parga un módulo prefabricado dos utilizados no hospital de campaña instalado en Ifema.

Estas infraestruturas contan cun espazo de triaxe e unha sala para que o persoal sanitario se poida cambiar e desinfectar se teñen que atender a un paciente con sospeita de Coronavirus. A Comunidade de Montes de Parga expresou a súa intención de sufragar o coste do módulo, valorado en 6.000 euros anuais, e a alcaldesa de Guitiriz amosou a vontade do Concello de botar unha man no que fose necesario.

Desde o Sergas pediron que se lles enviase a proposta por correo electrónico para poder valorala.

 

Etiquetas