Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Erlichiose

Por 9 Xullo, 2020Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Breixo González

Hoxe imos falar de unha enfermidade transmitida por carrachas e a que estamos vendo unha maior incidencia este ano  a Erlichiose.

A erliquiosis canina é unha enfermidade de cans e humanos (unha zoonose) causada por unha bacteria do xénero Ehrlichia . No caso dos cans a bacteria  chámase Ehrlichia canis.  Esta bacteria transmítese pola picadura das carrachas (como a babesiose ou a enfermidade de Lyme)

A bacteria desenvólvese dentro dos glóbulos brancos,  e, ao crecer e reproducirse destrúe a célula alterando o sistema inmune, tamen pode afectar á medula ósea. Todos os cans poden enfermarse con erliquia canina, con todo non poden transmitirlla a humanos. A raza máis susceptible é o Pastor Alemán xa que pode chegar a morrer.

Na presentación crónica podemos ver que a Ehrlichia instálase na medula ósea, que é a zona no interior do óso que se encarga da fabricación das células do sangue. Isto afecta ás futuras células sanguíneas (glóbulos vermellos, brancos e plaquetas) e obsérvase, sobre todo, un descenso das plaquetas e en consecuencia problemas na coagulación. A Ehrlichia pode tamén instalarse no sistema nervioso, as articulacions, os ollos ou os riles.

Os efectos de esa infección son sangrado, con frecuencia sangrado polo nariz; adelgazamento, febre, problemas para respirar debido á inflamación dos pulmóns, inflamación e dor das articulacions e coxeira.

Os síntomas relacionados con problemas do sistema nervioso serían convulsións, inclinación da cabeza, falta de coordinación, parálise, dor nos ollos, anemia (poucos glóbulos vermellos), trombocitopenia (poucas plaquetas) e insuficiencia renal. Nos casos agudos podemos ver que os síntomas empezan entre 1 e 3 semanas logo da picadura da carracha e adoitan durar 2-4 semanas.

Os síntomas máis frecuentes son inflamación dos ganglios linfáticos, debilidade, letargo,. apatía e pouca actividade, falta de apetito, dificultade para respirar e inflamación (edema) das patas.

Podemos sospeitar que a nosa mascota padece esta enfermidade si ten algúns dos síntomas mencionados anteriormente e ademais se padeceu algunha picada de carracha con anterioridade. Pero debemos recordar que non é preciso que o can teña unha gran infestación de carrachas, unha única picada é suficiente, xa que logo, pode ser que poida pasar inadvertida.

Para determinar a presenza da enfermidade realizamos unha analitica que evidenciará anormalidades no número de glóbulos vermellos, glóbulos brancos e sobre todo plaquetas. En ocasións, pódese chegar a observar en parásito no interior dun glóbulo branco, pero non sempre é posible debido a que o organismo soamente pasa uns poucos días a nivel da circulación sanguínea. Para evitar ese falso negatibo é recomendable realizar unha PCR para determinar a presenza de material xenetico da erlichia no sangue da mascota,

O tratamento da Erlichiosis baséase no uso dun determinado antibiótico, que vos prescribirá o voso veterinario, durante polo menos 21 días. Polo xeral, notaremos unha mejoría ao cabo de 24-48 horas.

Segundo os síntomas que presenta o paciente darase tamén tratamento sintomático, por exemplo soro si o animal está deshidratado, e/ou transfusions sanguíneas se o animal ten unha anemia moi grave.

Algúns dos danos da Ehrlichiosis son debidos á propia resposta inmunitaria do can, como os problemas nas articulacions e o ril. Para evitalo, , pódense administrar corticoides uns 2-7 días durante a etapa temprana da enfermidade.

O tratamento na fase crónica da enfermidade é prolongado e o pronóstico destes cans é reservado debido á gravidade dos síntomas.

A mellor forma de previr a enfermidade é evitando os parásitos con tratamentos antiparasitarios e repelentes ( millor unha convinación de ambos que evita as parasitoses en dous frontes diferentes.