Os cazadores de San Pedro de Muras reparten carne

A Sociedade de Cazadores de San Pedro de Muras comunicou aos veciños a suspensión da tradicional festa por motivos de seguridade polo covid-19.

Debido a tal feito, a sociedade invita a socios e veciños a recoller carne de caza, que agora mesmo está nos conxeladores da sociedade.

A carne ten todas as garantías sanitarias tras ser analizada pola Consellería de Medio Rural polo que esta repartirase proporcionalmente entre todos os que a soliciten.

A petición deberán facerse antes do 1 de agosto nos teléfonos 667 411 656, 669 422 953 e 610 320 180.

O reparto terá lugar entre o 1 e o 3 de agosto.

Etiquetas