Enquisa Mobilidade

O Concello de Castro anuncia exencións no pago de taxas aos afectados polo covid-19

O Goberno de Castro de Rei anunciou durante a celebración do último Pleno que prevé eximir do abono de taxas e impostos aos negocios e autónomos que se cviron afetados económicamente pola crise sanitaria do coronavirus xa que tiveron que pechar as súas portas ou mesmo cesar a actividade.

O alcalde, Francisco Balado, que constestou deste modo a un rogo do BNG, descartou as axudas directas, que considerou “inviables” pero si anunciou que as axudas irán suspendendo o abono de recibos como os da auga ou o lixo.

Aínda que fixo este anuncio, o Concello está a estudar como levará á práctica esta iniciativa.

O Pleno tamén aprobou tamén os orzamentos, que ascenden a 5,6 millóns de euros. O alcalde, durante a presentación, destacou o investimento de 2,5 millóns de euros destinados a investimentos reales entre os que figuran a renovación da depuradora de Castro Ribeiras de Lea así como actucións en vías, beirrarúas, mellora enerxética ou parques. Destacou tamén sobre o mesmo que non ten deudas e presenta un carácter máis social.

Houbo unanimidade noutros puntos cruciais como foi a solicitude á Xunta para recoñecer un Área de Rehabilitación Integran no centro histórico de Castro de Rei, así como a solicitude da Deputación dos terreos da Granxa Gayoso Castro para ampliar a vía que une a vila con Matadoso. Así mesmo houbo acordo para solicitar á Xunta a reapertura do centro de saúde de Castro de Rei, proposta polo PSOE. Malia votar a favor, o alcalde indicou que o Sergas comprometeuse a volver abrir despois do verán.

Tamén aprobaron a iniciativa socialista para reparar a cuberta da gardería e a popular para demandar á Deputación que poña en funcionamento a planta de biogás.

 

Etiquetas