Skip to main content
Actualidade

O voto exterior cambia o resultado e dá o último escano ao PP

Por 20 Xullo, 2020Sin comentarios

As xuntas electorais confirmaron hoxe que o último escano finalmente será para o Partido Popular tralo escrutinio do voto exterior. Deste xeito, o PP quedaría con 42 escanos, ao perder un en Pontevedra o PSdeG. Según os datos electorais, o PPdeG obtivo na provincia un total de 746 sufraxios do exterior, o BNG, 414 e o PSdeG, 340.

Na noite do 12- J, ese último escano en xogo en Pontevedra cambiou varias veces de mans e quedou finalmente no PSdeG por unha marxe de apenas 45 votos, pendente en todo caso do voto exterior.

De confirmarse este dato o partido de Feijóo lograría a súa mellor porcentaxe de voto e o maior número de deputados no século XXI. Aínda queda por ver os resultados do escrutinio xeral, que inclúe o reconto definitivo das actas da noite electoral, pero confían en manter este escano outorgado polo voto emigrante en Pontevedra.

Deste modo, o Parlamento de Galicia quedaría con 42 deputados para o PPdeG, 19 para o BNG, e 14 para o PSdeG.