‘María Solinha’ proxectarase en varios concellos da comarca

A área de Cultura da Deputación de Lugo levará a estrea do filme María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar, a  12 concellos da provincia.

“Queremos axudar aos creadores galegos a chegar ao máximo público  posíbel, pois na distribución enfróntanse a dous grandes retos: as dificultades para entrar nos circuítos comerciais e a falta de cines na  maior parte dos concellos de Lugo. Con esta iniciativa apostamos pola  cultura máis alá das cidades levando a estrea aos pequenos concellos da  provincia” explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura,  Maite Ferreiro.

Xa están confirmadas 10 datas para as proxeccións, que se farán ao aire  libre, en espazos exteriores con asentos ubicados para asegurar a  distancia interpersoal requerida para a protección da saúde colectiva.

Trala celebrada na Pobra de Brollón como sesión inaugural, continuarán as proxeccións en Meira e Vilalba os días 27 e 28 de xullo respectivamente. Continuarán o día 4 de agosto en Guitiriz e o 25 do mes que vén clausuraranse en Outeiro de Rei.

Etiquetas