Bonos consumo Vilalba

Anaplasmose

Por Breixo González

Hoxe imos falar dunha zoonose que afecta a humanose cans. A anaplasmose está causada por bacterias do xénero anaplasma, que son parentes cercanos das ricketsias (bacterias causante do tifo en humanos)

Sintomatoloxía:

Os veterinarios sinalan que a anaplasmosis é unha enfermidade que en moitos casos é asintomática, é dicir, que non manifesta signos clínicos. E de aparecer, os síntomas máis habituais son a febre, o letargo, a inapetencia e a diarrea, que á súa vez poden ser confundidos cos efectos que causan outras enfermidades, así dificultando a diagnose da mesma.

A pesares diso , síntomas como a coxeira, a anemia, a aparición de trastornos relacionados co sangrado, (hemorraxias hematomas…) a trombocitopenia (disminución da cantidade de plaquetas e de ahí os problemas de coagulación e as hemorraxias) e a leucopenia ou redución da cantidade de leucocitos,  son signos que deben tomarse como indicativos da presenza da enfermidade.

O veterinario pode detectar o contaxio desta enfermidade mediante un frotis de sangue (unha extensión dunha gota de sangue nuha placa de cristal e que, despois de tinguida , é observada ó microscopio) que mide a carga parasitaria no torrente sanguíneo, unha proba serológica que determina o funcionamento dos anticorpos do animal e a realización da PCR (unha técnica de bioloxía molecular capaz de detectar a infección entre cinco e dez días trala exposición do animal á garrapata, xa que busca o material xenético da mesma).

De resultares  positiva calquera das probas, o tratamento a prescribir é de tipo antibiótico. A experiencia dita que se somos capaces de adminístrar de xeito temperá durante o avance da enfermidade, a resposta ao tratamento pode comprobarse ás 48 horas. Con todo,  este tratamento debe realizarse de xeito continuado para reducir a carga bacteriana no organismo do animal.

Para previlo débese empregar  uso preventivo de antiparasitarios,  que reducirá a transmisión de patóxenos ao repeler e matar ás carrachas (como tamén a babesia e a enfermidade de Lyme). Con todo, estes produtos non son efectivos ao 100% e por isodebemos examinar ao animal en busca de carrachas  e en caso de detectalas, proceder a extraelas de xeito inmediato. O ideal é convinar nas épocas de máis auxe das carrachas , varios métodos , pastilla, pipeta e repelente para usar convinadas.

Etiquetas