Enquisa Mobilidade

O operador Adamo chega a máis parroquias da Terra Chá

O operador de internet de fibra óptica Adamo, xa hai dous anos que comezaron a despregar a fibra máis rápida do país nas zonas rurais de Galicia. Por agora prestan servizos de internet a preto de 35.000 fogares desta provincia, pero co novo despregamento cumprirán o seu obxectivo de chegar a 85.000 casas destas áreas para acabar coa fenda dixital.

Esta compañía traballa para reducir a fenda dixital e que todo o que queira apostar polo mundo rural e volver ao campo poida facelo sen ter que renunciar a estar conectado.

Adamo, cuxo obxectivo prioritario son as zonas rurais xa está en moitas parroquias da Terra Chá como o Concello de Vilalba, o de Meira, o de Rábade, e nas parroquias de Robra, Guillar, Silvarrey, Buxán, Matela e San Martiño do Concello de Outeiro de Rei.

Adamo, o operador de internet de fibra óptica con maior crecemento en España e en plena expansión, lanza unha nova campaña e conta cun novo aliado para cumprir a súa misión de levar a fibra óptica máis rápida a todos os recunchos.

Desde Adamo, queren fomentar o rexurdir da España rural e acadar que a España baleirada non sexa sinónimo da España desconectada.

Ademais din que “este ano vivimos unha conxuntura excepcional. O confinamento provocou un cambio de perspectiva na xente e fixo que moitas persoas quixesen afastarse das grandes cidades durante o período de illamento. Moitas persoas déronse conta durante estes últimos meses de que necesitan cambiar de vivenda e queren gozar dunha casa máis grande e con máis comodidades, sacrificando a boa localización dunha zona céntrica. Os movementos non só producíronse das grandes cidades aos municipios, senón tamén das zonas urbanas ás rurais”.

Etiquetas