Continúa en aumento o número de casos activos por covid-19

A provincia de Lugo continúa en aumento nos casos activos de coronavirus, na que a cifra ascende a 110, subindo a seis máis que onte.

Esta noite comeza a nova medida para frear o incremento de casos na que destaca o peche do ocio nocturno, que se producirá nesta madrugada do domingo ao luns ás 0.00 horas.

Sigue habendo catro hospitalizados na provincia de Lugo, dos cales 1 atópase na Uci, e hai 4 hospitalizados e o número de PCR realizadas en toda Galicia é de 280.185.

​A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.282, 124 máis que onte, e deles, 110 son da provincia de Lugo.

 

Etiquetas