Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Fruga critica a decisión da Xunta de non ampliar os prazos nas licenzas dos plans de mellora

Por 19 Agosto, 2020Sin comentarios

Fruga quere manifestar o seu desacordo coa decisión da Xunta de non ampliar o prazo da concesión de licencia de obra para os plans de mellora, confirmando que se mantén a data do dia 15 de setembro como data para a entrega dos permisos.

“Nin tan sequera se prolonga os 79 días do estado de Alarma, tal como recolle a disposición adicional terceira de suspensión dos prazos administrativos, do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, que expresamente di que se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O computo dos prazos rearrancase no momento en que perda vixencia este decreto, proceder da Consellería do Medio Rural que desde a Federación Rural Galega nos parece de dubidosa legalidade”, din.

Alegan que con esta medida, unha boa parte dos plans de mellora aprobados inicialmente van ter dificultades para poder executarse, e para poder percibir a subvención pertinente, “co cal nos atopamos ante unhas perdas considerables para moitos titulares de explotación galegos, como consecuencia da falla de vontade da Xunta para arranxar este problema”.

“A Xunta de Galiza o que ten que facer é facilitar todo tipo de tramites para que as explotacións perciban estas axudas ás que teñen dereito. Ademais estamos a falar dunha serie de gandarías, que estaban a realizar investimentos tanto na modernización das súas granxas, como na ampliación das súas instalacións, co único fin de acadar unha maior produtividade na súa actividade agrogandeira”, engaden.

Aseguran que “unha vez máis, observamos como a Consellería do Medio Rural se está a converter nun obstáculo para o avance dos labregos e labregas galegas. Todo indica que os seus intereses son outros, queren converter este país nun eucaliptal que garanta materia prima barata para certas industrias galegas”.