Reclaman o amaño da estrada que une Rábade e Friol

Os veciños das parroquias que ocupan a zona que percorre a estrada provincial de Rábade a Friol manifestaron o seu malestar polo estado no que se atopa esta.

Segundo explican está chea de fochancas e os arranxos que fan son parchear  por distintos lugares “pero aparecen noutros”.

Os afectados, veciños de Uriz, Gaioso, Candai, Aspai, Francos, Vicinte e Ousá, reclaman que se amañe a estrada con bo firme e ben pintado “como as que levan a Marcelle ou a D10 en Mosteiro”, din.

Etiquetas