Enquisa Mobilidade

O Concello de Xermade contará cunha web e app turísticas en virtude a un convenio

O alcalde do Concello de Xermade vén de asinar un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para o proxecto Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do Concello, cun orzamento de 12.221,00 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará o 65% e o resto será sufragado polas arcas municipais.

O proxecto consiste na creación dunha páxina web e unha app para IOS e Android nos que se volcará toda a información detallada dos recursos de interese turístico (de carácter patrimonial, etnográfico, natural, etc.) do municipio de Xermade.  Nos vindeiros días iniciarase a licitación deste contrato de servizos.

Etiquetas