Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Nilo Occidental

Por 14 Setembro, 2020Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Breixo González

Hoxe imos falar de outra zoonose que está a salir nos medios de comunicacoión xa que se presentaron casos en España nas últimas datas, esa enfermidade é a coñecida como enfermidade do Nilo Occidental.

O virus do Nilo Occidental é un virus que provoca a  coñecido como febre do Nilo Occidental. Esta enfermidade é unha enfermidade vírica de orixe africana subsahariana que produce encefalite en cabalos e tamén humanos, e que se estendeu desde 1937 polo resto de África, Oriente Medio, Asia Menor e Europa, e moi recentemente por Extremo Oriente e América do Norte.

Tanto o ser humano como o cabalo son hospedadores finais, o cal significa que se infectan pero non propagan a infección. Nos cabalos as infeccións sintomáticas tamén son raras e polo común leves, pero poden causar afección do sistema nervioso, en particular unha encefalomielite ( inflamación dos ejidos que rodean ou certebro) puidendo ser mortal. A infección do ser humano adoita ser o resultado das picaduras de mosquitos que se infectan cando pican a aves infectadas, en cuxa sangue circula o virus durante algúns días. O virus pasa ás glándulas salivais do mosquito, que cando pica pode inxectar o virus aos seres humanos e os animais, nos que logo se multiplica e pode causar enfermidade.

Nos cabalos desenvólvense síntomas neurolóxicos caracterizados por obnubilación, anorexia, visión dificultosa, movementos masticatorios en baleiro, incapacidade para tragar, ataxia (extremidades moi separadas ou cruzadas), contraccións musculares, parálise parcial, desprazamentos en círculos e alteracións da conduta con períodos de hiperexcitabilidade seguidos doutros de depresión. O animal pode entrar en coma e morrer. A febre non é constante.

Nos humanos ,a  maioría das infeccións non causan ningún tipo de síntomas. As infeccións leves poden causar febre, dor de cabeza e do corpo, frecuentemente con sarpullido e inflamación dos ganglios linfáticos. Nunha pequena porcentaxe de persoas infectadas polo virus, a enfermidade pode ter consecuencias serias e mesmo fatais. As infeccións máis graves poden causar dor de cabeza, febre alta, rixidez no pescozo, estupor, desorientación, coma, tremores, convulsións, parálises e en ocasións a morte.

Prevención :

É fundamental o establecemento dunha sistema activo de vixilancia de sanidade animal para detectar casos novos en aves e cabalos resulta esencial para proporcionar a alerta temperá ás autoridades veterinarias e de saúde pública. Elaboráronse vacinas  para os cabalos.

Como non hai vacina, a única maneira de reducir a frecuencia da infección nos seres humanos é mediante a concientización acerca dos factores de risco e a educación da xente con respecto ás medidas que poden adoptar para reducir a exposición ao virus.  As medidas para previr a transmisión deben centrarse inicialmente na protección persoal e comunitaria contra as picaduras de mosquitos mediante o uso de mosquiteros, repelente de insectos, uso de roupas de cor clara (camisa de manga longa e pantalón) e evitar as actividades ao aire libre en horas en que os mosquitos pican máis.

E hai que recordar como sempre que o millor sistema de control de presenza de mosquitos  témolo aredor de nós , os morcegos, as anduriñas, avións, rás e demais animais que nos últimos anos viron diminuído o seu número debido os pesticidas, as prantacións de eucalipto e as concentacións parcelarias, así como a contaminacoión dos nosos ríos e a presenza de fauna invasora e que fixo que o millor control de pragas perdera a súa efectividade, eso deberianos facer recapacitar que o final  nós somos responsables tamén en parte de que ocorran estas cousas.