Comeza hoxe a edición virtual do Encontro de Torneiros de Xermade

O XX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira cambiará de formato este ano debido á situación sanitaria que atravesa o país e comeza hoxe cun formato totalmente dixital porque, como indicou a organización “hai que poñer a seguridade das persoas ante todo”. Engadiron que coas condicións das instalacións habituais “facían difícil manter totalmente as medidas de prevención ao 100%” polo que optaron por este cambio.

Así arrinca hoxe a exposición de pezas de forma virtual a través da web www.encontrodetorneiros.org,  a web o colectivo que foi remodelada para poder acoller este evento.

A páxina conta ademais coas seccións habituais de Galería, relatores que pasaron por Xermade, historia, camisetas, etc. Pero o eixo principal é o XX Encontro de Torneiros, onde se poden ver mías de 500 pezas realizadas por 55 artistas de diferentes puntos de España, así como doutros países como Francia, Inglaterra e Brasil. Novamente, hai artistas de todas as idades destacando especialmente algúns menores de idade.

Este ano non haberá exhibición en vivo do torneado e tampouco haberá selección de pezas para a exposición itinerante Contornos. Debido a que esta non viaxou pola pandemia o próximo ano darase cobertura.

Etiquetas