Skip to main content
Actualidade

Continúa baixando o número de enfermos de covid-19 na provincia tras tres mortes

Por 18 Setembro, 2020Sin comentarios

Mentres os casos activos de covid-19 na provincia continúan baixando de forma progresiva aínda que lenta, as mortes de pacientes maiores continúan sumándose.

Hoxe, venres, son 745 os casos activos na provincia, 9 menos que onte e 110 menos que hai unha semana. En 24 horas tamén son 24 al altas rexistradas polo que os casos positivos continúan sumándose día a día aínda que a menor ritmo cada vez con menor relevancia que o índice de curados. De todos os xeitos, Lugo acadou xa os 2.893 enfermos acumulados dende a orixe da pandemia.

A parte máis negativa son os falecementos. Xa son 74 os rexistrados ata o día de hoxe, tres nas últimas horas, 17 dende hai unha semana. Todos eles son persoas maiores con patoloxías e vinculados aos diferentes centros de saúde afectados. Así, no DomusVi de Outeiro de Rei xa son 10 os falecidos.

Tamén segue a baixar a presión hospitalaria con 54 persoas ingresadas cando onte eran 58 e fai unha semana, por exemplo, eran 69. O centro con máis enfermos é o Hula, que ten 3 na UCI e 33 en planta. Ademais, hai 13 no Polusa, 2 no hospital da Mariña e 3 no de Monforte.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.317 deles 1.237 son da área da Coruña, 745 da de Lugo, 511 da de Ourense, 611 da de Pontevedra, 406 da área de Vigo, 631 da de Santiago, e 176 da de Ferrol. Son 11 máis que onte con subidas en todas as áreas agás en Lugo.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 209 en unidades de hospitalización e 4.076 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.297 persoas curadas, rexistrándose 705 falecementos.

En residencias, os casos seguen subindo. Hai 263 usuarios afectados, sete máis que onte e 102 profesionais, un máis que onte. Dos 701 falecementos contabilizados, 310 son maiores vinculados a residencias.