Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz convoca catro prazas de técnicos de servizos sociais

Por 18 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz vén de abrir o proceso para a contratación de catro técnicos de servizos sociais como persoal laboral fixo.

O sistema de selección para as prazas de 2 técnicos para o PAI e 1 traballador social para o SAF será o de concurso-oposición. O sistema de selección para a praza de terapeuta ocupacional do centro de día será o de oposición.

Para todas as prazas ademais dos requisitos habituais pídese titulación acordo co posto que se vai desenpregar.

Os interesados en participar no proceso selectivo deberán entregar a documentación que se require para cada un antes de mediados do mes de outubro xa que dispoñen de 20 días hábiles trala súa publicación no BOE.

As instancias será presentadas no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz.