Bonos consumo Vilalba

A Tasca do Liño de Insua terá este ano unha edición reducida en actividades

A organización da XII Edición da Tasca do Liño de Insua comunicou a intención de manter a súa celebración, aínda que debido aos últimos acontecementos sanitarios será de “pequeno formato e adaptada, por riba de todo, ás normas sanitarias do momento”.

A intención é celebrala o vindeiro 24 de outubro no campo da Festa da parroquia de San Bartolomeu de Insua, tal e como se ven facendo tradicionalmente nos últimos anos.

No caso de que a situación non permita realizar o evento de forma presencial, ofrecerase de xeito virtual algunhas das atividades programadas.

“Temos a obriga contribuír a que a memoria das nosas mulleres e o patrimonio etnográfico perdure, afrontando calquera desafío que o incerto futuro nos depare”, indican dende a organización.

Etiquetas