A situación sanitaria esixe conexións a internet máis áxiles, segundo Adamo

Contar cunha conexión da internet de calidade é máis importante que nunca ante os tempos do coronavirus. Educación e lecer en remoto, teletraballar, realizar compras online ou dotar de conexión ao mundo rural son agora parte da realidade cotiá. Malia esa relevancia, que xa era evidente antes da irrupción da covid-19, o 42,3% dos usuarios asegura ignorar a velocidade que ten contratada co seu operador de telecomunicacións, segundo o estudo elaborado por Adamo en colaboración coa consultora Análise e Investigación.

En plena pandemia, cando maior demanda de uso doméstico da internet existe, unicamente o 3,4% asevera ter 1 Gbmps de velocidade. Mentres, o 17,8% afirma contar con 600 Mbps; o 10% queda en 300 Mbps; o 15,4%, en 100 Mbps; e, finalmente, o 11,1%, en 50 Mbps.

Cabe insistir, nese sentido, en que os tempos actuais esixen ás compañías do sector que sexan capaces de satisfacer a necesidade dos usuarios de ter unha conexión da internet de calidade. Para iso, Adamo ofrece a fibra óptica máis rápida do mercado (1.000 Mbps), que se traduce nunha conexión estable, manter videoconferencias sen cortes, estar máis preto dos familiares e amigos que viven lonxe ou ver series e gozar de videoxogos online, entre outras opcións.

Outra das conclusións do citado estudo, que se basea en 500 entrevistas telefónicas, vai igualmente na liña de que os particulares apostan pola dixitalización. Deste xeito, o 16,9% dos fogares conta con máis de catro dispositivos conectados á Rede, mentres o 39,3% queda nesa cantidade. Ambos suman un maioritario 56,2%. Pola súa banda, o 20,5% declara posuír tres aparellos compatibles con Internet (teléfonos, computadores, tabletas, televisións, etc.). Unicamente o 18,2% ten dous e o 5,1%, un.

En concreto, o dispositivo preferido polos consumidores é o móbil, posto que o 98,9% teno. A continuación, o teléfono fixo, co 96,9%, e a televisión contratada (63,1%). En canto á conexión, o 83,2% cre contar con fibra óptica e o 35,3% con ADSL. Aínda que hai clientes que sosteñen, quizá por descoñecemento, que o seu servizo inclúe tanto unha modalidade como a outra, encadrándose o 74% dos mesmos na pinza de entre 50 e 70 anos de idade.

En último lugar, cabe destacar que as prioridades do usuario de telecomunicacións ao elixir compañía son, por esta orde, prezo, simplicidade do produto e solucións personalizadas, tal e como consta na consulta levada a cabo por Adamo e Análise e Investigación. Despois, a relación da empresa co cliente, a calidade da conexión e o prestixio da marca.

Adamo, con sede en Barcelona, é un operador de vocación nacional, pero cun enfoque de negocio rexional e local. Presente no mercado español desde 2007, a compañía dá prioridade ás áreas rurais e ás novas zonas urbanas cunha alta densidade de poboación proporcionando a fibra óptica máis rápida do mercado (1.000 Mbps). EQT, que representa o 80% de Adamo, apoia o seu actual plan de expansión, potenciado recentemente con 250 millóns de euros. Grazas a contar con infraestrutura propia, ademais da internet, proporciona aos clientes telefonía fixa e móbil, así como servizos para o mercado empresarial e almacenista.

Etiquetas