Bonos consumo Vilalba

A Uned Sénior trasládase ás naves de Momán para gañar espazo

A Uned Sénior vaise da escola unitaria ás naves do campo da feira de Momán para gañar o espazo necesario e poder manter as distancias de seguridade, segundo informou o coordinador da entidade na Terra Chá, Luis Rodríguez Patiño.

A institución adaptou a docencia tamén para os estudantes maiores de 55 anos, con cambio de localización e redución de alumnado por materias. A docencia poderá comezar deste xeito de forma presencial a partir do 5 de outubro en todos os seus niveis. “Este ano é algo diferente, xa que debido á pandemia, debemos manter unha serie de protocolos de hixiene, distancia, etcétera, que limitan algúns aspectos respecto ao que viñamos facendo pero mantendo estes protocolos, as clases van desenvolver dunha maneira moi similar a cursos pasados”, explica Patiño.

As principais novidades para este ano son o cambio de localización e a redución do número de alumnos en cada materia. A clases “precisan todo o seu espazo para desenvolver o 100 % das súas clases presenciais de grao coa distancia de seguridade que debe manter o alumnado, polo que foi necesario buscar outras instalacións para permitir a presencialidad tamén para o estudantado sénior”. Para iso “traballamos durante todo o mes de agosto na busca de alternativas”, polo que agradece ao alcalde de Xermade (e outros rexedores) por buscar un emprazamento alternativo e, en especial en Momán que se realizará finalmente nas naves.

Para tratar de facilitar ao alumnado e ao profesorado a adaptación a este novo escenario, tamén se reestruturaron os horarios das clases, de modo que as materias de dúas horas semanais impartiranse o mesmo día.

Sobre as aulas, noutros concellos reaxustáronse os espazos para adaptarse ás distancia de seguridade, mantendo así o mesmo número de prazas, quedando 30 para as materias de lección maxistral e 15 para prácticas. Ademais, como novidade este curso tamén se ofertan algunhas das materias do programa en formato on line a través das plataformas virtuais da uned. “Se a experiencia é positiva, valoraremos a posibilidade de facer materias en liña intercampus nos próximos anos”, conclué Patiño.

Actualmente aínda están abertos os prazos de matrícula, que remata o día 5, para o Programa de Maiores, tanto en ciclo intensivo como integrado. Impartiranse cursos de cría artesanal de aves y conejos, manipulación e higiene de alimentos, benestar animal, cociña e nutrición con hortalizas, cociña con cerais, dulces e salgados, cociña internacional, plantas silvestres e o seu aproveitamento, horta ecolóxica, apicultura ecolóxica, frutais: plantación e coidado, conservas caseiras de alimentos, xardiñería comestible, pescadería para cociña, carnicería para cociña, cociña tradicional de Galicia, música popular, canto tradicional e gaita e percusión tradicional. Tamén se impartirán clases de fotografía, música, mediciña e envellecemento e historia.

Etiquetas