Skip to main content
Actualidade

A covid-19 segue á baixa en Lugo pero suma dez falecementos nunha semana

Por 25 Setembro, 2020Sin comentarios

A provincia de Lugo conseguiu reducir os casos activos da provincia a última semana en 115 e xa son 630 os que foron contabilizados nesta xornada, tras un continuo descenso que se vén apreciando as últimas semanas tras a fonda repercusión que tiveron varios gromos, especialmente nas residencias de maiores de O Incio e Outeiro de Rei en na propia cidade de Lugo entre os asistentes a unha festa nun pub.

Aínda que a tendencia é a baixa, continúan aparecendo casos novos todos os días pero as altas médicas son cada vez máis. De feito, déronse na última semana un total de 259, mentres que os casos acumulados de enfermos xa supera os 3.000 (3.047), 154 máis que fai unha semana.

Pola súa banda, a presión hospitalaria baixou moito aínda que hai xusto unha semana antes non estaba no seu peor momento, no que houbo máis de 70 ingresados. Agora mesmo hai 49 persoas hospitalizadas, cinco menos que hai unha semana. No Hula están 40 persoas, cinco delas na UCI e o resto en planta. Ademais os outros 9 seguen no Polusa e os outros dous hospitais xa non teñen enfermos.

O peor dato da semana sen dúbida son as defuncións, xa que se produciron dez na última semana, todos eles maiores das distintas residencias afectadas ou mesmo ingresadas.

A situación nos colexios por outra banda séguese de forma exhaustiva debido ao perigo de expansión do virus que supón. Así, se coñecen varios casos na provincia que se están rastreando e que están controlados e praticamente non foi obrigado o peche de aulas.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.452 deles 1.109 son da área da Coruña, 630 da de Lugo, 668 da de Ourense, 784 da de Pontevedra, 511 da área de Vigo, 578 da de Santiago, e 172 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización (un máis que hai unha semana) e 4.210 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.802 persoas curadas (1.500 máis), rexistrándose 726 falecementos (21 máis).

Comparado con hace unha semana a incidencia do virus aumentou en 135 persoas. Neste tempo a presencia descendeu na Coruña, Lugo, Santiago e Ferrol mentres aumentou en Ourense, Vigo e Pontevedra.

En residencias, os casos seguen subindo. Hai 340 usuarios afectados, 77 máis que hai unha semana, e 134 profesionais, 32 máis. Dos 726 falecementos contabilizados, 310 son maiores vinculados a residencias.