Abre hoxe o prazo para solicitar as axudas para deportistas individuais da Deputación

Este luns 28 de setembro abre o prazo para solicitar as bolsas para deportistas de modalidades individuais que convoca a área de Deportes e que contan cun orzamento de 85.500 euros.

As axudas oscilarán entre os 300 e os 1.500 euros, en función dos resultados que teñan acadado en competicións internacionais, estatais e galegas durante o ano 2019. Outorgaranse un total de 185 bolsas; trece delas están reservadas a deportistas con capacidades diferentes.

O prazo para solicitar as axudas é de 10 días hábiles, polo que rematará o vindeiro o vindeiro 9 de outubro. As solicitudes deberán tramitarse a través da sede electrónica da Deputación de Lugo.

Etiquetas