Skip to main content
ActualidadeVilalba

Seguen as obras dunha nova cuneta de seguridade na autovía Ferrol-Vilalba

Por 7 Outubro, 2020Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor visitou a zona na que se están executando traballos de construción dunha nova cuneta de seguridade na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), no treito comprendido entre os puntos quilométricos 35+300 e 36+700, ao seu paso polo concello das Pontes.

As obras contan cun investimento autonómico de máis de 583.000 euros e desenvólvense ao longo dun traxecto de 1,4 quilómetros.

A substitución da actual cuneta por unha nova ten por finalidade a seguridade viaria e, de forma significativa, a protección ambiental do entorno. Gonzalo Trenor destacou que “estas obras teñen a súa complexidade porque ademais de mellorar a seguridade na zona teñen como obxectivo minimizar os problemas actuais coas augas de escorrentía procedentes dos noiros e da mediana”.

As actuacións previstas son a reconversión da cuneta actual a unha cuneta de seguridade, levándose a cabo a diferenciación de caudais procedentes das augas de escorrentía e establecendo sistemas de drenaxe para a súa correcta depuración.

Ademais renovaranse as marcas viarias e repoñerase a sinalización vertical nos treitos nos que se vexan afectadas polas actuacións.