Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Comezan dous novos cursos na aula CeMit de Guitiriz

Por 16 Outubro, 2020Sin comentarios

Xa esta aberto o prazo para realizar a inscrición nos talleres de informática do Concello de Guitiriz. As prazas son limitadas, polo que haberá que realizar a inscrición na Aula CeMIT de Guitiriz, que será onde se impartan os cursos.

O primeiro dos cursos será un taller sobre procesador de textos que se impartirá os martes e xoves entre os días 20 e 29 deste mes. O seguinte será outro sobre trámites coa administración electrónica que tamén será os martes e xoves entre o 3 e o 19 de novembro. Haberá dúas quendas horarias dispoñibles, polas mañás de 10:00 a 12:00 horas e polas tardes de 16:30 a 18:30 horas.

Os intersados en obter máis información ou inscribirse poden facelo no 982 370 062 ou no correo cemit.guitiriz@xunta.gal