O Barrio da Ponte de Rábade conta con nova iluminación

O Concello de Rábade vén de poñer en servizo a nova iluminación do Barrio da Ponte e de rematar a suúa primeira fase de rehabilitación, a segunda atópase nestes intres en fase de licitación.

Asimesmo dentro do mesmo plan de actuación, están planificando unha limpeza integral da Ponte Medieval, así como a limitación do tráfico pesado por dita ponte.

O Concello adxudicou as obras de restauración do barrio da Ponte, que foron encargadas a Construcciones Cholo, por un valor de 100.000 euros aportados polo Plan Único da Deputación do ano pasado. Malia a adxudicación, as obras non deron comezo xa debido á situación polo coronavirus e a cuarentena xa que hai escaseza de material.

A intervención consistiu en recuperar o adoquinado tradicional do vial da rúa José Pardo ata a estrada que vai ao cemiterio. Un adoquinado tradicional propio do camiño real, que transcorriu por este vial. Tamén se fixeron beirarrúas, carril bici nos dous sentidos e habilitación de zonas verdes, ademais da instalación de novas luminarias.

As obras, que tamén están ao cargo do Plan Único da Deputación pero deste ano, están en licitación na súa segunda fase e consistirán na renovación desta mesma rúa ata o seu enlace coa estrada de Vilalba cun tratamento diferente ao ser unha zona nova pero con espazos verdes e carril bici. Tamén terá un orzamento de 100.000 euros.

O Concello anunciou a súa intención de que unha vez rematada esta obra se acometa a limpeza da ponte medieval, que se solicitou á Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

 

Etiquetas