O Barrio da Ponte de Rábade conta con nova iluminación

TerraChaXa
O Concello de Rábade vén de poñer en servizo a nova iluminación do Barrio da Ponte na sua primeira fase de rehabilitación, a segunda atópase nestes intres en fase de licitación.
O Barrio da Ponte de Rábade conta con nova iluminación
17 Oct 2020

O Concello de Rábade vén de poñer en servizo a nova iluminación do Barrio da Ponte na sua primeira fase de rehabilitación, a segunda atópase nestes intres en fase de licitación.

Asimesmo dentro do mesmo plan de actuación, están planificando unha limpeza integral da Ponte Medieval, así como a limitación do tráfico pesado por dita ponte.

O Concello adxudicou as obras de restauración do barrio da Ponte, que foron encargadas a Construcciones Cholo, por un valor de 100.000 euros. Malia a adxudicación, as obras non deron comezo xa debido á situación polo coronavirus e a cuarentena xa que hai escaseza de material.

As obras, como xa estaba previsto estarán ao cargo do Plan Único da Deputación e contemplan a recuperación do adoquinado da rúa Juan Pardo Montenegro, así como a construción de novas beirarrúas. Haberá tamé unha franxa verde entre estas e a calzada e un carril bici. O Concello subliñou que o plan contempla tamén a pavimentación trala rehabilitación da rúa Río Miño.

0.10805201530457