Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Juan Carlos Quintana deixa a dirección de arbitraxe da Federación de Taekwondo

Por 23 Decembro, 2020Sin comentarios

Juan Carlos Quintana deixa a dirección de arbitraxe da Federación de TaekwondoA Federación Galega de Taekwondo despídese do vilalbés Juan Carlos Quintana despois de oito anos ao fronte da dirección de arbitraxe.

O lucense, no acto de cambio de director, quixo agradecer encarecidamente o apoio recibido durante estes anos tanto por parte da que fora presidenta da Federación, Mercedes Barrientos, coma polo actual presidente, Juan Carlos Eiriz.

“Sen esquecer en ningún momento a todo o equipo arbitral co que me sentín realmente arroupado desde o primeiro momento e que en definitiva son os protagonistas destes oito anos, tampouco quero esquecerme de dúas persoas que son fundamentais na organización de calquera evento deportivo e de moito máis, Juan Carlos Cainzos o noso secretario e Félix García técnico informático, sen eles é posible que moitos dos eventos realizados non chegasen a bo termino”, relatou.

Quintana será substituído por Renso Eduardo Rodríguez Redondo, ao que lle desexa “todo o mellor na súa nova andaina dentro da arbitraxe”.