Juan Carlos Quintana deixa a dirección de arbitraxe da Federación de Taekwondo

TerraChaXa | LugoXa
A Federación Galega de Taekwondo despídese do vilalbés Juan Carlos Quintana despois de oito anos ao fronte da dirección de arbitraxe.
WhatsApp Image 2018 09 06 at 16.20.24 (2)
23 Dec 2020

A Federación Galega de Taekwondo despídese do vilalbés Juan Carlos Quintana despois de oito anos ao fronte da dirección de arbitraxe.

O lucense, no acto de cambio de director, quixo agradecer encarecidamente o apoio recibido durante estes anos tanto por parte da que fora presidenta da Federación, Mercedes Barrientos, coma polo actual presidente, Juan Carlos Eiriz.

"Sen esquecer en ningún momento a todo o equipo arbitral co que me sentín realmente arroupado desde o primeiro momento e que en definitiva son os protagonistas destes oito anos, tampouco quero esquecerme de dúas persoas que son fundamentais na organización de calquera evento deportivo e de moito máis, Juan Carlos Cainzos o noso secretario e Félix García técnico informático, sen eles é posible que moitos dos eventos realizados non chegasen a bo termino", relatou.

Quintana será substituído por Renso Eduardo Rodríguez Redondo, ao que lle desexa "todo o mellor na súa nova andaina dentro da arbitraxe".

0.13044381141663