Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Convocan unha praza de traballador social no Concello de Riotorto

Por 21 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Riotorto vén de convocar unha praza de traballador social con contrato laboral temporal e a media xornada que constará de 20 horas semanais.

Este contrato formalízase para prestar apoio a Traballadora Social actual, e terá unha retribución de 800 eros brutos ao mes.

O sistema selectivo é de concurso e entrevista persoal. Consistirán na valoración dos méritos achegados e debidamente acreditados polos aspirantes dentro do prazo de presentación de solicitudes, non  tomándose en consideración os que acheguen con posterioridade ao remate de dito prazo.

Este será de cinco días hábiles a partir do día seguinte á súa publicación no BOP.