“Queremos traballar en sinerxía coas asociacións de Friol”

María Arias, xerente da Casa da Galbana, fala do proxecto do hotel cultural

Friol acolle un novo proxecto hoteleiro e cultural coa apertura da Casa da Galbana. Ubicado na praza Andón Ferreiro, a antiga vivenda cumpre agora un dobre obxectivo, servir de lugar de refuxio de turistas e visitantes e ser escenario de multitude de actos artísticos e culturais.

Este proxecto de xestión privada nace coa aposta da reforma dun antigo edificio dun veciño friolense, pai dos agora promotores do negocio, para poder conservar así o patrimonio familiar. A transformación da Casa da Galbana busca tamén a dinamización do núcleo no que se localiza, baixo a idea da creación dun espazo acolledor ao que acudir na procura de descanso e, simultaneamente, para gozar dos múltiples atractivos de Friol e os seus arredores. O hotel conta cunha superficie construída de 468 metros cadrados, con sete habitacións dobres, un espazo multifuncional e unha sala de eventos no anexo da Casa, para dar cobertura á oferta deste novo concepto de negocio. María Arias é unha das bisnetas de Elvira Galbán, e agora forma parte do conxunto promotor do proxecto. Según di, non dibidou nin por un intre apuntarse á iniciativa emprendedora: “en canto o empezamos a cociñar, tiven claro que había que levalo a cabo”.

Cómo nace o hotel cultural Casa da Galbana?

A idea foi algo que se lle ocorreu ao meu pai fai anos, chegou a plantexarse levalo a cabo pero non rematou en ningún porto. A raíz de ver como a casa cada vez se quedaba mais baleira e comezaba a deteriorarse pensamos nós en facer real esa idea. Estudámolo, vimos que era factible e tiramos cara adiante.

Canto tempo levades traballando nela?

Levamos máis de dous anos e medio traballando na idea e empezamos as obras fará dous anos. A subvención do GDR foi clave, sen ela non se podería haber feito. É unha rehabilitación dunha casa que data de principios do século pasado, unha adaptación así necesita cartos.

Por que manter o nome da Galbana?

Por manter a historia da miña familia, a casa era da miña bisavoa. Dende pequena falábanme dela, unha muller forte e botada para diante para aqueles tempos que corrían. O tipo de cousas que escoitas e te fan ter admiración… tiñamos que manter a súa esencia, a casa era ela.

Que máis referencias hai no hotel da vosa familia?

Detrás de cada cousa para nós hai un significado. Non tanto para que o vexan os hóspedes, pero si para nós. Nos nomes das habitacións, nos mobles, nos cadros… facemos referencia a miña avoa, o meu pai e a toda a xente que pasou por alí, ademais de facer alusión tamén ao pobo e aos seus lugares de refencia.

Non poñedes en marcha só un hotel, senón que queredes ser esceario de eventos culturais.

Exacto, o hotel é pequeno e acolledor, pero iso non era suficiente. Queríamos traer ao concello cousas relacionadas coa cultura. A parte da casa hay un anexo cun patio, onde antes estaban as cuadras, e nese espazo queremos crear unha sala de eventos, onde se poidan facer exposicións de pinturas, esculturas, mercadillos, teatro, presentacións de libros… cousas para o pobo.

A arte está moi presente na filosofía do hotel?

Na miña casa sempre houbo arte, cuadros… E no noso hotel non queríamos seguir os mesmos patróns que noutros hoteis. Cada habitación tiña que ter a súa personalidade, rehabilitamos mobles que habia na casa para mesturalos con outros novos, incluimos os cadros, a arte. Tratamos de cuidar o detalle para cuidar ao público que poida vir, facer da casa un hotel acolledor.

Que ten Friol e que lle pode aportar a Casa da Galbana?

Friol é un lugar digno de visitar. Montes, bosques e carballeiras como xa non quedan tantas. Agora non é tan coñecido pero fai anos era un lugar de referencia polas súas feiras e o seu mercado gandeiro. Quizais creceron máis outros lugares da provincia, pero dende hai anos a xente empezouse a movilizar máis. Creáronse asociacións culturais e actos culturais propios, e ao ver iso dímonos de conta do que lle interesaba a xente. Queremos traballar buscando a sinerxía coas asociacións de Friol, facer un todo entre todos para buscar que medre o pobo de maneira colaborativa.

Como foron as primeiras sensacións na inauguración?

Fai meses, cando pensábamos como sería a inauguración, tíñamos en mente comezar apostando por un evento, un concerto ou unha obra. Coa situación sanitaria na que vivimos non nos atrevimos e optamos por facer unha xornada de portas abertas, un percorrido pola Casa da Galbana. A verdade é que houbo moita xente interesada en coñecer o proxecto, as sensacións foron moi boas e paréceme que o pobo ten gañas de apuntarse a facer cousas.

Como é emprender en tempos da covid?

Coincidiunos así, contábamos con ter aberto antes, pero en medio da rehabilitación pillounos a corentena e a obra retrasouse. Aínda que non é o mellor momento, non só pola situación, senon tamén porque é inverno, as gañas de poñer todo en marcha pesaron máis que a situación, cando xa estivo todo listo para funcionar quixemos abrir.

Cando comezarán a desenvolverse no hotel as iniciativas culturais?

Vamos a esperar a ver como avanza a situación. Polo momento estou falando cunha artista para comezar cunha exposición de cadros para poder usar xa a sala, pero o de facer eventos con bastante público como tal deixarémolo para máis adiante, cando se poida facer con seguridade. Esperemos que sea de cara ao verán.

Etiquetas