“Queremos traballar en sinerxía coas asociacións de Friol”

TerraChaXa | LugoXa
María Arias, xerente da Casa da Galbana, fala do proxecto do hotel cultural Friol acolle un novo proxecto hoteleiro e cultural coa apertura da Casa da Galbana.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
26 Xan 2021

María Arias, xerente da Casa da Galbana, fala do proxecto do hotel cultural

Friol acolle un novo proxecto hoteleiro e cultural coa apertura da Casa da Galbana. Ubicado na praza Andón Ferreiro, a antiga vivenda cumpre agora un dobre obxectivo, servir de lugar de refuxio de turistas e visitantes e ser escenario de multitude de actos artísticos e culturais.

Este proxecto de xestión privada nace coa aposta da reforma dun antigo edificio dun veciño friolense, pai dos agora promotores do negocio, para poder conservar así o patrimonio familiar. A transformación da Casa da Galbana busca tamén a dinamización do núcleo no que se localiza, baixo a idea da creación dun espazo acolledor ao que acudir na procura de descanso e, simultaneamente, para gozar dos múltiples atractivos de Friol e os seus arredores. O hotel conta cunha superficie construída de 468 metros cadrados, con sete habitacións dobres, un espazo multifuncional e unha sala de eventos no anexo da Casa, para dar cobertura á oferta deste novo concepto de negocio. María Arias é unha das bisnetas de Elvira Galbán, e agora forma parte do conxunto promotor do proxecto. Según di, non dibidou nin por un intre apuntarse á iniciativa emprendedora: “en canto o empezamos a cociñar, tiven claro que había que levalo a cabo”.

Cómo nace o hotel cultural Casa da Galbana?

A idea foi algo que se lle ocorreu ao meu pai fai anos, chegou a plantexarse levalo a cabo pero non rematou en ningún porto. A raíz de ver como a casa cada vez se quedaba mais baleira e comezaba a deteriorarse pensamos nós en facer real esa idea. Estudámolo, vimos que era factible e tiramos cara adiante.

Canto tempo levades traballando nela?

Levamos máis de dous anos e medio traballando na idea e empezamos as obras fará dous anos. A subvención do GDR foi clave, sen ela non se podería haber feito. É unha rehabilitación dunha casa que data de principios do século pasado, unha adaptación así necesita cartos.

Por que manter o nome da Galbana?

Por manter a historia da miña familia, a casa era da miña bisavoa. Dende pequena falábanme dela, unha muller forte e botada para diante para aqueles tempos que corrían. O tipo de cousas que escoitas e te fan ter admiración... tiñamos que manter a súa esencia, a casa era ela.

Que máis referencias hai no hotel da vosa familia?

Detrás de cada cousa para nós hai un significado. Non tanto para que o vexan os hóspedes, pero si para nós. Nos nomes das habitacións, nos mobles, nos cadros... facemos referencia a miña avoa, o meu pai e a toda a xente que pasou por alí, ademais de facer alusión tamén ao pobo e aos seus lugares de refencia.

Non poñedes en marcha só un hotel, senón que queredes ser esceario de eventos culturais.

Exacto, o hotel é pequeno e acolledor, pero iso non era suficiente. Queríamos traer ao concello cousas relacionadas coa cultura. A parte da casa hay un anexo cun patio, onde antes estaban as cuadras, e nese espazo queremos crear unha sala de eventos, onde se poidan facer exposicións de pinturas, esculturas, mercadillos, teatro, presentacións de libros... cousas para o pobo.

A arte está moi presente na filosofía do hotel?

Na miña casa sempre houbo arte, cuadros... E no noso hotel non queríamos seguir os mesmos patróns que noutros hoteis. Cada habitación tiña que ter a súa personalidade, rehabilitamos mobles que habia na casa para mesturalos con outros novos, incluimos os cadros, a arte. Tratamos de cuidar o detalle para cuidar ao público que poida vir, facer da casa un hotel acolledor.

Que ten Friol e que lle pode aportar a Casa da Galbana?

Friol é un lugar digno de visitar. Montes, bosques e carballeiras como xa non quedan tantas. Agora non é tan coñecido pero fai anos era un lugar de referencia polas súas feiras e o seu mercado gandeiro. Quizais creceron máis outros lugares da provincia, pero dende hai anos a xente empezouse a movilizar máis. Creáronse asociacións culturais e actos culturais propios, e ao ver iso dímonos de conta do que lle interesaba a xente. Queremos traballar buscando a sinerxía coas asociacións de Friol, facer un todo entre todos para buscar que medre o pobo de maneira colaborativa.

Como foron as primeiras sensacións na inauguración?

Fai meses, cando pensábamos como sería a inauguración, tíñamos en mente comezar apostando por un evento, un concerto ou unha obra. Coa situación sanitaria na que vivimos non nos atrevimos e optamos por facer unha xornada de portas abertas, un percorrido pola Casa da Galbana. A verdade é que houbo moita xente interesada en coñecer o proxecto, as sensacións foron moi boas e paréceme que o pobo ten gañas de apuntarse a facer cousas.

Como é emprender en tempos da covid?

Coincidiunos así, contábamos con ter aberto antes, pero en medio da rehabilitación pillounos a corentena e a obra retrasouse. Aínda que non é o mellor momento, non só pola situación, senon tamén porque é inverno, as gañas de poñer todo en marcha pesaron máis que a situación, cando xa estivo todo listo para funcionar quixemos abrir.

Cando comezarán a desenvolverse no hotel as iniciativas culturais?

Vamos a esperar a ver como avanza a situación. Polo momento estou falando cunha artista para comezar cunha exposición de cadros para poder usar xa a sala, pero o de facer eventos con bastante público como tal deixarémolo para máis adiante, cando se poida facer con seguridade. Esperemos que sea de cara ao verán.

0.19288921356201