TerrachaXa
Prazo voluntario para pagar a taxa de vaos 2024 en Vilalba, aberto ata o 4 de xaneiro
O Concello informa de que os recibos poden aboarse polos canles habituais e lembra que, rematado o prazo, os impagos pasarán á vía executiva
Arrincan en Friol as clases de baile e ximnasia de mantemento no pavillón municipal
O Concello activa o programa de outono con sesións os luns para baile e os martes e xoves para ximnasia no Pavillón Polideportivo
O Concello de Rábade impulsa a eficiencia enerxética no pavillón e no campo de fútbol municipais
O Concello acomete a renovación da iluminación, a mellora do illamento e a instalación de sistemas de aerotermia cun investimento de 60.000 euros financiado pola Xunta
Xermade súmase ao ciclo estatal 'Cine e Mulleres Rurais' coa proxección de 'Prefiro condenarme' en Cabreiros
A sesión será o sábado 8 de novembro ás 18.30 horas e contará co coloquio de Margarita Ledo Andión e da subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez
O Concello de Muras abre unha enquisa á veciñanza para elaborar o 2º informe de seguimento do seu PACES
A iniciativa enmárcase no compromiso europeo do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía para reducir un 40 % das emisións ata o ano 2030 e mellorar a eficiencia enerxética
A Pastoriza organiza unha excursión a Monforte para maiores de 55 anos
A viaxe, con saída o 12 de novembro, inclúe visitas guiadas ao Museo do Ferrocarril e á vila de Monforte
Condes, en Friol, celebra a tradicional Cea do San Martiño o 15 de novembro
As persoas interesadas deberán anotarse antes do día 9 de novembro
O PSOE da Pastoriza critica a actitude do alcalde ante o novo parque eólico
A formación socialista cuestiona quen se beneficiará realmente deste proxecto
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, revisan a seguridade no municipio
Abalde salienta que 'As Pontes é un exemplo de convivencia', cunha criminalidade por debaixo da media estatal e con reforzo recente da Garda Civil con dous axentes máis
A II Festa da Xuventude Meira celebrarase o sábado 15 de novembro na Campa do Plantío
A xornada comezará co vermú ás 14.00 h, seguirá con comida, xogos tradicionais e verbena coa carpa, coches eléctricos e food trucks
Friol acollerá a presentación de Movegandex, a nova asociación de montes veciñais con gando en extensivo
A entidade nace para fortalecer a gobernanza comunal do territorio e impulsar unha xestión sostible do monte galego
Arrinca no CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga o proxecto 'MUS-E' da Fundación Yehudi Menuhin
A artista María Martul acompaña ao alumnado nun programa que usa a arte para fomentar creatividade, autoestima, empatía e convivencia
A Casa-Museo Manuel María afonda na historia da música pop en galego
Pepe Cunha repasará este sábado os fitos e pioneiros da música moderna en galego, nun encontro con acceso libre e reserva previa
Morcegos de Galicia analiza o valor da Rede Natura 2000 da provincia da Coruña
Nunha primeira fase do traballo, a entidade centrouse en depurar e sintetizar toda a información dispoñible sobre as especies obxectivo
O Concello de Outeiro de Rei convoca un ano máis o concurso de postais
O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto do 5 ao 20 de novembro
Celebran as festas de San Martiño en Pino, Cospeito
O evento contará cun espazo cuberto con carpa para garantir o confort dos asistentes en caso de mal tempo
A Rede de Custodia Agraria organiza xornadas de voluntariado para mellorar charcas en leiras
O programa busca conservar a biodiversidade agraria e fomentar prácticas agroecolóxicas
Muras ofrece dous cursos gratuítos para mellorar o uso do móbil e a seguridade en internet
As formacións, presenciais e sen custo, enmárcanse no programa provincial 'E para dixitalizarse, Lugo' e admiten inscricións ata o 5 de novembro
A Reserva da Biosfera Terras do Miño centra unha xornada en Begonte sobre emprendemento e conservación ambiental
A Casa da Cultura acolle este sábado 8 de novembro, desde as 10.00 horas, un encontro con relatorios sobre emprendemento rural, agroecoloxía e conservación de hábitats
Adega celebra o día Das Reservas da Biosfera cunha actividade nunha charca de Friol
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse enviando un correo a adegalugo@adega.gal
O Instituto de Estudos Chairegos presenta en Vilalba o libro 'A fraga dos teixos', de Xosé Salvadores
É unha crónica persoal dun ano de traballo na restauración da biodiversidade nun monte inzado de eucaliptos, convertendo 14 ferrados nun proxecto vivo de recuperación natural
Abadín e Ordes acollerán accións formativas sobre o cultivo do grelo
Haberá un total de catro edicións do curso 'Grelo galego, un cultivo con futuro. Tradición, innovación e territorio', que serán impartidas por persoal experto en veterinaria e enxeñería agrónoma
Convocado en Pacios un obradoiro sobre muller e saúde
A sesión será impartida por Cristina Ouro Núñez e abordará temas de grande interese para o benestar feminino
As Campeiras, nas Pontes, estará de magosto o próximo sábado
A asociación ten previsto tamén un curso de pandeireta e baile os venres dirixido a nenos e adultos.




