TerrachaXa
A Biblioteca Agustín Fernández Paz abre a inscrición para o seu club de lectura
A primeira reunión está prevista para o mércores 28 de xaneiro, ás 19.30 horas, na propia biblioteca
Suspendida a ruta prevista para este domingo polo río Requeixo polas previsión meteorolóxicas
A intención era comezar as habituais rutas organizadas polas Escolas Deportivas Municipais en colaboración co Concello
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación activa un operativo especial ante a chegada da borrasca Ingrid
A Axencia Estatal de Meteoroloxía espera a partir de mañá acumulacións de neve por riba dos 5 centímetros o que fai necesario extremar a precaución á hora de circular na Montaña
GaliciaXa
Suspendidas as clases en toda a provincia de Ourense e nas zonas da Montaña, Sur e Centro de Lugo ante o aviso de nevadas
As clases quedan tamén suspendidas no interior da provincia de Pontevedra, mentres que na Coruña e na Mariña lucense suspéndese a actividade exterior ante a alerta vermella por fenómenos costeiros
Comezan nas Pontes as obras na rúa Anduriñas, financiadas pola Deputación da Coruña
A actuación permitirá a renovación integral da calzada e das beirarrúas co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
FAPACEL e o Colexio de Enfermería de Lugo renovan o seu convenio
A Deputación financia o proxecto pontés 'En familia, tod@s contan' do colectivo Adiante
A iniciativa está dirixida a familias en situación de vulnerabilidade fronte ao consumo de substancias aditivas
Entregados os vales aos gañadores do Mercado de Nadal de Muimenta
Os premios deberán ser consumidos antes do 20 de febreiro nos establecementos adheridos ao colectivo empresarial de Muimenta
Unha andaina recupera o itinerario orixinal do Camiño Norte entre Irixoa e Betanzos
Roteiros da Carba organiza esta actividade prevista para o sábado a partir das 9.30 horas desde Irixoa a Betanzos
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O deputado nacionalista Daniel García defenderá en Fitur o turismo sostible para o desenvolvemento do rural
GaliciaXa
Os gandeiros mobilizados en Lugo decidirán esta noite se manteñen as protestas
Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, valoran de maneira positiva a decisión do Parlamento Europeo de levar o acordo entre a UE e Mercosur ante o a xustiza europea
Marta Rouco pide unha reunión urxente coa Xunta para esixir solucións inmediatas á estación de autobús
Demanda respostas claras e compromisos concretos ante "o estado de abandono dunha infraestrutura clave para a capital da Terra Chá"
BNG esixirá no Congreso a mellora do servizo de Correos na comarca de Lugo
Néstor Rego reclama ao Goberno cumprir coas obrigas de servizo público e garantir unha atención de calidade en todo o territorio
AFIL convoca unha reunión informativa en Xermade este xoves
Explicaranse os obxectivos da asociación, as liñas de traballo que desenvolve e as vantaxes de formar parte dunha organización colectiva para a defensa do monte e da propiedade forestal
Chelo Gayoso Díaz gaña o premio de Poesía do Certame do Belén de Begonte
O segundo premio, dotado con 500 euros e diploma, foi para José Antonio Malo Fernández, natural de Salinas de Pisuerga
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
María Ferreiro Santos aposta por ‘máis contacto directo coas comarcas’ á fronte do Sindicato Labrego Galego
Gandeira de vacún e veciña de Teixeiro, chega á secretaría xeral tras 13 anos á fronte da Secretaría das Mulleres do sindicato e pon o foco nos prezos, o relevo xeracional, os servizos no rural e a igualdade
GaliciaXa
Lugo volveu paralizarse por gandeiros de toda a provincia que protestaron un día máis contra Mercosur
A presidenta da Deputación escoita a Unións Agrarias e Fademur para elaborar a moción socialista que levará ao próximo Pleno mentres que Néstor Rego visita aos manifestantes
Rábade vivirá esta fin de semana unha nova edición das Festas de San Vicenzo e Exaltación de Mexillón
Arrancarán o día 24 de xaneiro ás 13:00 horas cunha sesión vermú con La Disquetera
Pontoibo celebra as festas de San Vicente a fin de semana, incluíndo a poxa
A xornada festiva do domingo completarase cunha sesión vermú e tarde amenizada pola orquestra Salsa Arena
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo presentará en Fitur unha nova campaña de aposta pola riqueza ambiental
A presidenta, Carmela López, presentará o venres no stand de Galicia unha nova proposta que reivindica o valor das súas Reservas da Biosfera e o potencial dun territorio que aposta pola conservación e o desenvolvemento equilibrado
A conselleira Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Xermade
Trataron a nova liña de axudas da Xunta para rehabilitación de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes e abordáronse actuacións en materia de estradas
A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito organiza o seu tradicional xantar de inverno
O prazo para anotarse permanecerá remata este martes, 20 de xaneiro
GaliciaXa
Arranca a segunda semana de mobilizacións dos gandeiros cun atasco de tráfico a causa dos tractores
Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema teñen previsto para este martes unha manifestación a pé ata a Subdelegación de Goberno
Denuncian que a calefacción do Centro de Día de Cospeito leva sen arranxarse desde novembro
Están a utilizar radiadores eléctricos e unha estufa de queroseno, "uns medios considerados claramente insuficientes para garantir unhas condicións térmicas axeitadas", din
Presentado en Pastoriza o seu novo proxecto turístico, que se estrea en Fitur
Ofrece unha experiencia inmersiva que permite coñecer o territorio desde diferentes perspectivas, tanto de maneira virtual como complementaria á visita presencial
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Troitas Bravas impuxéronse no Aberto Vila de Ribadeo de billarda
No podio absoluto, Navallo proclamouse vencedor tras impoñerse nun desempate a Tonho, quedando Juanki en terceira posición


