TerrachaXa
Friol, entre os cinco mellores destinos rurais de España
O certame ten como obxectivo visibilizar vilas e aldeas que conservan un destacado patrimonio natural, cultural e gastronómico fóra das rutas turísticas máis habituais
Maxia e teatro esta tarde en Riotorto para toda a familia
Preséntase o espectáculo 'A Maxia dos Libros', unha proposta familiar que combina literatura, humor e ilusións máxicas, protagonizada polo Mago da Boina e Nami
A Banda de Música de Touro organiza un concerto homenaxe a José Lodeiro con motivo de Santa Icía
O concerto celebrarase o 22 de novembro ás 19:00 horas nunha carpa instalada con motivo da festa, e incluirá pezas destacadas da carreira musical de Lodeiro
O Concello de Vilalba saca a poxa seis parcelas municipais no Polígono Industrial
En conxunto suman 7.028 metros cadrados de superficie edificable, e o prezo mínimo de saída fixouse en 48,80 euros por metro cadrado
Mulleres Rurais da Pastoriza organiza unha viaxe a Lalín
As prazas son limitadas a 30 persoas, e é necesario anotarse e facer o pago antes do 31 de outubro
A Feira de Santos de Gontán celébrase este sábado sen gando pola prohibición de Medio Rural
O Concello estuda a posibilidade de facer o concurso de gando que se suspende máis adiante, coa Feira do Grelo
Efrén Castro acusa á Xunta e a Arias de “vivir instalados na mentira” sobre a Torre de Caldaloba
O vicepresidente provincial criticou que a Xunta “levou dous anos sen facer nada, impedíndonos actuar nin sequera limpar a zona”
Abre o prazo de inscrición en Guitiriz para as actividades da calma
Esta actividade, que xa se desenvolveu con éxito en anos anteriores, contará con dúas sesións ao mes, que terán lugar os martes a partir das 18:30 horas
Convocada nas Pontes unha nova edición do concurso de setas da Feira de Fungos
Para participar será necesario presentar exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres, excluíndo as especies protexidas
O BNG de Outeiro organiza unha andaina por San Fiz de Paz o vindeiro 1 de novembro
A ruta, de carácter circular e baixa dificultade, partirá ás 15:00 horas da Capela da Penadedra
GaliciaXa
O Pleno da Deputación de Lugo destina 5,1 millóns de euros á rede de residencias ata 2026
Tamén insta á Xunta a saldar a débeda cos concellos por competencias impropias, mentres non prosperou a moción do PP para incrementar o orzamento do Plan Único
Aprobado o proxecto para completar a renovación da estrada entre Friol e Palas de Rei
Trátase de mellorar os outros 9,3 quilómetros de lonxitude que conforman a LU-231, entre Castrelo e A Baiuca
A Oficina Móbil de Atención aos Retornados estará este mércores nas Pontes
O seu obxectivo é ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias
Vilalba presenta o programa nocturno do Samaín cunha ampla oferta para todos os públicos
As actividades comezarán ás 20:00 horas, coa participación de varios grupos musicais
O PP acusa a Morandeira de impoñer un "brutal taxazo" no imposto pola recollida de lixo
José Manuel López explica que os restaurantes, mesóns, cafeterías e bares pasarán de pagar 150€ a 300€, mentres que para os supermercados multiplícase por catro
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Unhas 200 asociacións reciben as axudas para equipamento e investimentos da Deputación
Begonte acollerá unha charla con consellos prácticos para aliviar a dor de costas
Durante a sesión abordaranse temas como a lumbalxia, a dorsalxia e a cervicalxia, tres das patoloxías máis habituais relacionadas coa columna vertebral
Abadín organiza este xoves un obradoiro de Samaín
O evento terá lugar na Casa do Concello en horario de 16:00 a 19:00 horas
Vilalba conta cun novo vehículo eléctrico para traballos municipais
O investimento permitirá mellorar a eficiencia e reducir o impacto ambiental das actuacións
A Liga Nacional de Billarda arranca en Cervo cunha gran participación e emoción na primeira xornada da tempada
Setenta e dous xogadores déronse cita no encontro inaugural, marcado pola boa convivencia, a expectación e o triunfo de Markytos dos Billardeiros Musicais
Adxudican as obras de reparación da ponte do río Chamoselo
A intervención prevista contempla a súa demolición completa e a súa substitución por unha ponte de formigón armado executado in situ
Santa Comba da Órrea celebra o seu magosto o 1 de novembro
Será necesario inscribirse previamente antes do día 29
O PSdeG de Abadín propón a construción dunha pasarela cuberta no colexio público
Aseguran que a medida serviría para protexer ao alumnado das condicións meteorolóxicas adversas e contribuír á súa seguridade e saúde
Cruz Vermella organiza un curso en Meira sobre a lingua e cultura galegas para poboación migrante
O curso é totalmente gratuíto e inclúe material didáctico, ademais de ofrecer un certificado oficial emitido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Proxéctase en Vilalba o filme 'Filmei paxaros voando' no ciclo Mestre Mateo
A novena proxección do ciclo terá lugar o xoves 30 de outubro de 2025, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal




