TerrachaXa
Carlos Blanco regresa a Meira polo Nadal co seu espectáculo 'A Penúltima'
A actuación terá lugar o 26 de decembro, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura de Meira, organizada pola Asociación Cultural M de Meira
A Pastoriza realiza unha recollida de plásticos de silos este mes
Deberán estar depositados nun lugar de fácil acceso para o vehículo
O Local Social Escola de Pino, en Cospeito, acolle clases semanais de pandeireta para nenos e adultos
A formación celébrase os sábados e está dirixida pola profesora Lucía Río
NOVE impulsa nas Pontes o obradoiro 'Cociña +60. Receitas de vida' para promover unha alimentación saudable entre as persoas maiores
A sesión terá lugar o martes 18 de novembro ás 11.00 horas na AVV A Choupana, coa participación dos cociñeiros Daniel López e Iván Domínguez e da nutricionista Lucía Miyar Gil
O colectivo Amuraxe de Xermade organiza un magosto o sábado 22 de novembro
A xuntanza comezará ás 14.00 horas no local do Sindicato con menú de callos, carrilleiras, postre, bebida e castañas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo presenta uns orzamentos para 2026 que superan os 135 millóns de euros
O PSdeG de Rábade denuncia subas inxustificadas e falta de transparencia no Concello
Os socialistas critican a ordenanza con datos ficticios, a xestión opaca das festas de verán e o incumprimento da alcaldesa no minuto de silencio por Gaza
Rematadas as obras de mellora dos camiños municipais en Marraxón, Piñeiro, Porto do Liño e Terbá
A actuación, cun investimento de 122.802 euros a través do Plan Camiña Rural 2025-2026, renova os accesos principais entre varios núcleos rurais das Pontes e as estradas autonómicas e provinciais
Piñeiro celebra as Festas de San Martiño o sábado 15 de novembro
A xornada incluirá misa solemne, sesión vermú, xantar popular, actividades infantís, actuacións musicais e castañas asadas para pechar o día
Cinco podios para a EDM de Atletismo Guitiriz na preparatoria de campo a través Xogade en Vilalba
Un total de 24 nenos e nenas, con 12 debutantes, brillaron na proba da zona Terra Chá, con segundos postos para Laura e Rober e terceiros para Niko, Naia e Álex
Friol conclúe as obras de repavimentación dos accesos a varios núcleos rurais
O Concello finaliza unha intervención financiada polo Plan Único que supera os 182.000 euros e que mellora estradas municipais de diversas parroquias
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Activan o protocolo de coordinación ante nevadas en Lugo para garantir a seguridade viaria no inverno
Os Bolechas presentan este sábado en Abadín o seu espectáculo 'A muller orquestra'
A actuación terá lugar ás 12:30 horas no salón de actos da Casa do Concello
O BNG presenta no Parlamento iniciativas para impulsar o polígono industrial de Muras
O grupo parlamentario pide avanzar no proxecto iniciado en 2018 e lembra o interese mostrado por empresas do sector do plástico para asentarse no municipio
A Xunta entrega unha vivenda rehabilitada no casco vello de Vilalba ao abeiro do programa Rexurbe
O inmoble, situado na rúa Concepción Arenal, foi restaurado cun investimento de 300.000 euros e xa está en réxime de alugueiro para unha familia inscrita no Rexistro de Demandantes
Muimenta acollerá unha reunión informativa sobre a manipulación do prezo do leite entre 2000 e 2013
A xornada, organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta, celebrarase o martes 2 de decembro ás 16.30 horas na Casa da Cultura e está dirixida especialmente ao sector gandeiro
Guitiriz permite xa realizar o empadroamento a través da Sede Electrónica
A veciñanza pode dar de alta o seu padrón e descargar o certificado de empadroamento empregando DNI electrónico, certificado dixital ou Clave PIN
GaliciaXa
Galicia mantén a alerta por temporal polo paso da borrasca Claudia, que deixou máis de 200 incidencias
As provincias da Coruña e Pontevedra foron as máis afectadas, con refachos de vento superiores aos 80 km/h e múltiples caídas de árbores e postes
A Pastoriza convoca o XXVI Concurso de Poesía e Tarxetas de Nadal
A Biblioteca Pública Municipal Ángel Basanta abre o prazo de presentación de obras ata o 19 de decembro, baixo o tema ‘O Nadal’
Avanza a renovación do convenio de transporte metropolitano da área de Lugo
A área de Mobilidade da Xunta busca manter tarifas accesibles e mellorar a comunicación entre Lugo e os nove concellos da súa área metropolitana
Bretoña celebra este venres ‘O Castañazo’, a súa tradicional Festa do Magosto
A cita terá lugar no Teleclube de Bretoña a partir das 19.00 horas, con castañas, música, sorteos e food trucks
O trío de jazz Sumrrá celebra en As Pontes o seu 25 aniversario dentro do ciclo Outono das Artes
O concerto terá lugar o 14 de novembro ás 20.30 horas na Casa Dr. Dopeso, co apoio da Deputación da Coruña
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSdeG de Lugo destaca o avance e a cohesión da organización tras unha nova reunión da Executiva Provincial
Patricia Ortega, xogadora do FSF Castro en Primeira División, regresa á súa canteira para unha visita motivadora
A pívot murciana compartiu unha tarde con varias categorías de base do seu antigo club, asinou autógrafos e animou ás máis novas a perseguir os seus soños no fútbol sala
Todas as prazas esgotadas para o proxecto XSCAPE do INCIPIT‑CSIC en Guitiriz
A actividade desenvolverase este sábado 15 de novembro na Escola Habanera e as inscricións a partir de hoxe pasan á lista de espera
A obra teatral ‘Golpes’ chega a Roupar para concienciar sobre a desigualdade nas relacións adolescentes
O monólogo protagonizado por Estíbaliz Veiga representarase o domingo 16 de outubro ás 18.00 horas na Escola Habanera
Reigosa prepárase para rir con a obra ‘Activ@s’, da compañía Lume Escénico
A representación terá lugar este sábado 15 de novembro ás 21.00 horas na Casa Sociocultural de Reigosa



