TerrachaXa
Riotorto adxudica as obras pendentes da residencia de maiores para completar a súa construción
O asunto foi aprobado na última sesión da Xunta de Goberno Local, na que tamén se autorizou o inicio inmediato da execución dos traballos
A Banda de Música de Touro organiza un concerto homenaxe a José Lodeiro con motivo de Santa Icía
O concerto celebrarase o 22 de novembro ás 19:00 horas nunha carpa instalada con motivo da festa, e incluirá pezas destacadas da carreira musical de Lodeiro
O Concello de Vilalba saca a poxa seis parcelas municipais no Polígono Industrial
En conxunto suman 7.028 metros cadrados de superficie edificable, e o prezo mínimo de saída fixouse en 48,80 euros por metro cadrado
Mulleres Rurais da Pastoriza organiza unha viaxe a Lalín
As prazas son limitadas a 30 persoas, e é necesario anotarse e facer o pago antes do 31 de outubro
Continúa este venres o ciclo de teatro nas Pontes con 'As Fillas Bravas de Momán'
A peza presenta a historia de tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, seguindo o legado das súas nais e avoas
O Concello de Abadín suspende o servizo de carga de poldros previsto para o domingo
A prohibición de Medio Rural de celebración de feiras e mercados de gando para previr a dermatose nodular contaxiosa foi a causa
Abre o prazo de inscrición en Guitiriz para as actividades da calma
Esta actividade, que xa se desenvolveu con éxito en anos anteriores, contará con dúas sesións ao mes, que terán lugar os martes a partir das 18:30 horas
Organizan un obradoiro de micoloxía no Castro de Viladonga este domingo
A xornada, que se desenvolverá de 10:00 a 14:00 horas, incluirá unha primeira parte teórica seguida dunha saída práctica
O BNG de Outeiro organiza unha andaina por San Fiz de Paz o vindeiro 1 de novembro
A ruta, de carácter circular e baixa dificultade, partirá ás 15:00 horas da Capela da Penadedra
Nanda Misa gaña o Certame de Caligramas Constanza de Castro
O segundo premio foi para a obra '11 pulsos contra o esquecemento', de Alba Rodríguez, de A Coruña
Vilalba inaugura este xoves unha mostra sobre a muller rural
Esta exposición colectiva que homenaxea a forza e o papel das mulleres rurais vilalbesas a través de medio cento de fotografías achegadas polos veciños e veciñas
A Oficina Móbil de Atención aos Retornados estará este mércores nas Pontes
O seu obxectivo é ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias
Vilalba presenta o programa nocturno do Samaín cunha ampla oferta para todos os públicos
As actividades comezarán ás 20:00 horas, coa participación de varios grupos musicais
Xunta e Concello acusan á Deputación de bloquear a recuperación da Torre de Caldaloba
Afirman que a Deputación “só buscou enredar e torpedear desde o primeiro momento”, cando soubo do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello para facerse coa titularidade
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Unhas 200 asociacións reciben as axudas para equipamento e investimentos da Deputación
A convocatoria, cun importe total de 185.00 euros, chega maioritariamente a colectivos de parroquias rurais e asociacións vinculadas á formación musical
Abadín organiza este xoves un obradoiro de Samaín
O evento terá lugar na Casa do Concello en horario de 16:00 a 19:00 horas
Guitiriz contará cunha charla formativa sobre o usos dos medicamentos
As inscricións estarán abertas ata o 31 de outubro en Servizos Sociais do Concello
Moncelos acolle a primeira Xuntanza de Vellas Glorias do Fútbol de Abadín
O encontro rematou cun xantar de confraternidade no que reinou o bo ambiente, os sorrisos e os brindes pola amizade e o amor ao fútbol
O Concello de Guitiriz abre o prazo para inscribirse no III Torneo de Parchís
Conta con prazas limitadas e as inscricións pódense formalizar ata o 6 de novembro ou chamando ao teléfono 982 370 062
Produciranse cortes de tráfico na A-8 entre O Corgo e Guitiriz para a realización das obras
Esta medida producirase desde hoxe e ata o 4 de decembro en dúas etapas diferenciadas
O PSdeG de Abadín propón a construción dunha pasarela cuberta no colexio público
Aseguran que a medida serviría para protexer ao alumnado das condicións meteorolóxicas adversas e contribuír á súa seguridade e saúde
A veciñanza de Muras poderá participar nunha excursión ao Balneario de Mondariz
A saída está prevista para o xoves 4 de novembro ás 06:30 da mañá, co obxectivo de almorzar xa nas instalacións do balneario
Proxéctase en Vilalba o filme 'Filmei paxaros voando' no ciclo Mestre Mateo
A novena proxección do ciclo terá lugar o xoves 30 de outubro de 2025, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal
Catro medallas e un cuarto posto para os deportistas do club de loita de Vilalba esta fin de semana en Madrid
Ata a capital española desprazouse unha delegación composta por cinco deportistas do NADE Vilalbés, que competiron formando parte da selección galega




