TerrachaXa
O temporal Herminia deixa máis de 190 incidencias en estradas da provincia
Cortouse a estrada de Feira do Monte a Muimenta e a LU-P-0802 en Begonte polo desbordamento do río Ladra
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Activadas alertas laranxa e vermella en Galicia por fenómenos meteorolóxicos adversos
O Museo Provincial de Lugo recibe unha importante doazón de Xoán Anllo Vázquez
A nova achega complementa a doazón realizada en 2015 polo mesmo coleccionista, cando entregou unha notable colección de arte africana
Friol licita por 173.000 euros o novo local social de Narla
Este proxecto levarase a cabo gracias a un convenio asinado entre o Concello de Friol e a Xunta de Galicia
Mulleres de Insua organiza dous obradoiros este mércores na escola local
Centraranse na alfabetización e na socialización falando de hábitos saudables e autoestima
A Verbena das Candeas repetirase en Meira o domingo 2 de febreiro
Así, ás 13.00 horas terá lugar a misa de Candeas na igrexa de Meira, seguida da bendición e a procesión
Castro de Rei acollerá a obra de teatro 'O Pano' este domingo
A obra, recomendada para maiores de 12 anos, relata unha emocionante historia de superación e conexión atemporal entre dúas mulleres de épocas diferentes
O PP de Pol preguntará na Deputación pola compra de un supermercado do Concello de Pol
Os deputados populares tamén pedirán acceso á conta xustificativa e ao expediente para coñecer os motivos polos que o goberno provincial concedeu unha axuda de 105.000 euros
Jorge Puig e Zelinda Spencer gañan o Memorial Edudardo Fernández Villamarín de Rábade
A cita deportiva reuniu a atletas de todas as idades e destacou pola gran participación, máis de 400, e o alto nivel competitivo
Teatro cómico este venres en Xermade para todos os públicos
Terá lugar o venres 31 de xaneiro na biblioteca municipal e a entrada é libre e gratuíta.
Vilalba acollerá un taller sobre prevención de riscos no fogar organizado por Cruz Vermella
A sesión, de carácter gratuíto, terá unha duración de 1 hora e 30 minutos e comezará ás 11:00 da mañá
Guitiriz celebra o domingo 2 de febreiro a primeira andaina do ano
Será unha saída polo río mera para a que xa está aberta a inscrición
A Moexmu recoñece o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo na celebración do seu 40 aniversario
O coordinador da mostra, Xosé Manuel Rus, entregou unha insignia conmemorativa das 40 edicións da feira de mostras ao deputado do Rural, Daniel García Fernández
A Deputación licita a posta en marcha do Xeopadrón
A Xunta de Goberno aprobou tamén a obra de mellora en 7 estradas nos concellos de Friol, Monterroso, Guntín, Ourol, Muras, Monforte, Sober e O Vicedo
Os veciños de Sancovade organizan un campionato de tute o día 31
As inscricións poden realizarse a través dos membros da asociación
O benestar na familia será o tema dunha charla este luns nas Pontes
Este evento enmárcase no programa Espazo en familia, cuxo obxectivo é destacar a importancia do coidado persoal
As obras do PAI e da casa consistorial obrigan a un corte de circulación en Vilalba
A rúa que conecta a Praza Suso Gayoso coa Rúa José María Chao Ledo non estará operativa para o tráfico a partir do luns 27 de xaneiro
As Pontes dá luz verde ao IV Plan Municipal de Igualdade
Elaborouse a partir dun proceso participativo, contando coa colaboración activa do persoal técnico e político municipal e coa participación das asociacións
Grueira reclama ao alcalde de Pol que non se centre unicamente no campo de fútbol
A concelleira popular pídelle ao rexedor socialista que “poña o mesmo empeño en atender outras infraestruturas municipais coma as pistas que realmente benefician de forma directa aos veciños e veciñas”
O BNG das Pontes demanda medidas urxentes para facilitar o acceso á vivenda
A organización nacionalista denuncia que o goberno municipal non fixo caso da proposta dunha Oficina Municipal Integral para a Rehabilitación Enerxética de vivendas e edificios
A Rigueira celebra a segunda xornada das festas de San Vicente este sábado
A xornada contará tamén con sesión vermú e culminará cunha gran verbena protagonizada pola orquestra Manhattan
Alumnos do IES Pedregal de Irimia de Meira visitan a productora da Deputación
Foron recibidos polo deputado de Promoción Económica e Social
Fillos da Chaira súmase ás festas de San Vicenzo con teatro e un concerto
As actividades serán o sábado e aproveitarán para despedirse do seu local social
O BNG pide ao Concello que se posicione cos veciños contra o novo parque eólico de Satrebares
Afonso Losada afirma que a veciñanza das parroquias de Labrada e Os Vilares está en contra da instalación
Os senadores do PP esixirán unha rectificación ao Goberno central sobre o servizo de bus
A intención do Executivo de suprimir paradas afectaría, como mínimo, á Pontenova, Meira, Guitiriz, Palas de Rei, O Corgo, Baralla, Monterroso, As Nogais, Pedrafita, Chantada e Quiroga



