Mulleres de Insua organiza dous obradoiros este mércores na escola local

TerraChaXa
Centraranse na alfabetización e na socialización falando de hábitos saudables e autoestima
obradoiro-mulleres-de-insu
27 Jan 2025

A Asociación Mulleres de Insua, coa colaboración da Deputación de Lugo e Fademur (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia), organiza unha xornada formativa destinada ao empoderamento das mulleres no rural. O evento terá lugar o próximo mércores 29 de xaneiro, na Escola de Insua, en horario de 16:00 a 19:30 horas.

As actividades incluirán dous eixos principais, o servizo de Alfabetización de Mulleres, que abordará un obradoiro de hábitos saudables e estimulación cognitiva, e as redes de Socialización de Mulleres Maiores, cun obradoiro centrado na autoestima.

Estas iniciativas buscan promover o benestar e a integración social das mulleres en contornos rurais, ofrecendo ferramentas para mellorar a súa calidade de vida e fortalecer a súa participación activa na comunidade.

Para máis información, pódese contactar a través do correo electrónico galicia@fademur.es ou dos teléfonos 881 957 278 e 696 618 454.

0.18968486785889