TerrachaXa
As Pontes celebra a gran final dos concursos gastronómicos do programa As Pontes, Terra de Cogomelos
Foron escollidas catro receitas e os trofeos artesanais entregados nesta edición foron elaborados polo torneiro local Sergio Picos
O despoboamento do rural e a soidade, temas do Belén reivindicativo de Labrada
Entre as reflexións incluídas nesta edición, saliéntase a importancia de recoñecer e valorar a quen construíu os cimentos da sociedade, lembrando que é necesario actuar agora para avanzar cara a un futuro máis xusto
Convocado un curso de manualidades e restauración en Vilapedre e Lanzós
A actividade comezará o xoves 4 de decembro e desenvolverase na Casa da Escola de Lanzós en horario de 17.00 a 19.00 horas
Organizan na Casa das Insuas unha actividade de voluntariado sobre deseño agroecolóxico
As sesións desenvolveranse todos os martes en horario de 16:00 a 18:30 horas
López Campos destaca o Belén de Begonte como un símbolo do Nadal Galego
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude deu o pregón da 54 edición desta tradicional instalación lucense que exhibe máis de 150 pezas, moitas delas autómatas
Cospeito celebrou a XXXVI Feira do Porco da Ceba con premios aos mellores exemplares
A tradicional cita reuniu á veciñanza na Feira do Monte cun amplo programa e degustación de produtos do porco desde as 10.00 horas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O SLG renóvase no seu XI Congreso con cambios de liderado e a creación dunha nova Secretaría de Acción Sindical
A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes do 2026 abre as inscricións este luns
Este ano, anunciaron como novidade unha festa post carreira durante a tarde do sábado
Convocado de novo o concurso de recitado poético Rosalía sempre viva
O certame terá a fase final o 7 de marzo de 2026 na propia Casa-Museo de Manuel María
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación abre o luns as inscricións do Lugo Termal, que aumenta o 20 por cento as prazas
A Xunta de Goberno aprobou as bases e a convocatoria para unha nova edición do programa de termalismo da institución provincial
A guitiricense Ana María Pérez, distinguida na segunda edición dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT
A profesional recibiu dous galardóns: o primeiro premio na categoría “Espazo Maker” pola proposta Promoción da Torta de millo, e o segundo premio na categoría “Maiores dixitais"
Comeza a XVII edición do Mercado de Nadal de Muimenta
Repartiranse un total de 1.900 euros en 19 vales de cen euros
O Museo do Castro de Viladonga acolle unha charla sobre a bioloxía e a mitoloxía dos anfibios e réptiles de Galicia
Ao rematar o encontro, organizarase unha ruta pola contorna do castro para observar e identificar algúns dos seus habitantes
Guitiriz celebra un novo 'Domingo de Baile' na Escola Habanera
A cita será o 30 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas, e incluirá unha doce merenda e xogos de mesa para quen non queira bailar
A ITV móbil de Turismos visita Guitiriz desde o xove
Estará situada no polígono industrial en horario de mañá e tarde, agás o día 4 que será só na quenda matutina
A Asociación Cultural Eme de Meira continúa coas representacións de teatro na Casa da Cultura
Este domingo, ás 19.00 horas, poderá verse 'As aparencias enganan', a cargo do Grupo de Teatro do Hula
O PP de Vilalba afea ao Goberno local que non dea explicacións sobre o estado das instalacións deportivas
“Para o PSOE parece que está todo perfecto cando o terreo de xogo está descoidado e mal pintado, as gradas sucias ou o aparcamento chego de buratos, por exemplo”, din
Medio Rural aposta pola formación e a innovación no cultivo do grelo na xornada celebrada en Abadín
Abórdanse técnicas modernas de produción de grelo, así como nocións básicas de manexo integrado para poder identificar pragas e enfermidades que afectan a este produto
GaliciaXa
Efrén Castro recibe o premio á Mellor Xestión Deportiva concedido á Vicepresidencia da Deputación
Un galardón que recoñece, particularmente, a contribución da área de Deportes ao acceso ao deporte en todo o territorio, a través da descentralización na organización de eventos e ao tecido deportivo da provincia
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Membros do sector do transporte estudan co PP un manifesto contra a "desconexión" de Lugo e a súa provincia
Aseguran que os representantes das entidades participantes amosaron o seu acordo en reivindicar dende a unidade “o que é de xustiza para Lugo” ante a situación “deficitaria” das infraestruturas
González Formoso destaca o avance das obras da Ponte da Pedrafita durante a súa visita
O proxecto contempla a demolición completa da estrutura actual e a súa substitución por unha ponte de formigón armado
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Consorcio de Bombeiros aproba un orzamento de máis de 10 millóns de euros para 2026
As Pontes prepárase para a gran final dos concursos de receitas Terra de Cogomelos este sábado
O xurado seleccionou as doce propostas que competirán na edición de 2025, distribuídas en catro categorías
Besteiro reclama á Xunta celeridade nos permisos que necesita a comunidade enerxética de Xermade para comezar
“Concellos coma o de Xermade teñen que destinar ao SAF o 25 % do seu orzamento”, destacou o líder socialista, e denunciou que se trata dunha proporción “realmente escandalosa”
A Liga Santaballesa acolle este sábado unha xornada sobre a emigración galega a Cuba
O acto contará coa participación de Juana Caridad Fernández, presidenta da Agrupación de Sociedades Representativas de Municipios e Parroquias de Galicia en Cuba, e do historiador Daniel Manuel Vázquez Vila
Vero Rilo leva a Roupar o seu espectáculo 'Lavandeiras'
O espectáculo reconstrúe unha escena repetida ao longo dos séculos: mulleres traballando á beira da auga




