TerrachaXa
A Pastoriza acolle un novo curso de teatro impulsado pola Asociación de Mulleres Rurais
As clases desenvolveranse os luns ás 20:30 horas, cun prezo de 35 euros ao mes
O Concello de Rábade arranca o día 10 o servizo de Madrugadores e Ludotardes
Estará activo unha hora antes da entrada ao colexio e hora e media despois da saída, de luns a venres
Entregados en Meira os premios da campaña Merca no teu Comercio
Sorteáronse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
Roteiros de Pol realiza o domingo unha ruta polo municipio
A programación do día comezará ás 8:30 horas coa saída de Mosteiro (diante do Concello) en bus cara o inicio da ruta
O PP de Pol reclama o pago das nónimas aos traballadores municipais
Tamén pediu a comparecencia do alcalde no pleno para falar sobre a multa que recibiu o Concello polo uso "indebido" do autobús
Abre o prazo en Meira para solicitar o servizo de conciliación para o vindeiro curso
O horario será polas mañás, de 7.30 a 9.10 horas e polas tardes, de 14.45 a 17.30 horas
Centro Ocupacional: 25 anos de inclusión e integración en Vilalba
Os actos de aniversario terán lugar o día 5 de setembro cunha proxección e a inauguración dunha mostra fotográfica
Amas de Casa de Bretoña organiza unha viaxe para o domingo 14
O prezo a pagar é de 45 euros para os que sexan socios e de 55 euros para os que non o sexan
O Club de Hockey As Pontes abre as súas portas este mes os luns e mércores
Para nenos a partir de 4 anos ofrecen clases para aprender a patinar
Remata o prazo para inscribirse nas actividades do Día da Bici de Guitiriz
No evento realizarase un percorrido de 9 quilómetros apto para todos os públicos
Quince concellos da provincia reciben unha achega para realizar auditorías e obras nas redes de auga
As entidades locais beneficiarias son Barreiros, Begonte, Xermade, Guitiriz, Rábade, Friol, Guntín, Castroverde, Monterroso, Abadín, Paradela, Triacastela, O Saviñao, Chantada e Burela
Os xuvenís do Vilalbés gañan o trofeo Jorge Tato fronte ao CD As Pontes
O encontro enmárcase dentro do programa das festas locais, na honra a San Ramón e Santa María
As Pontes abre o prazo de matrícula nas escolas culturais municipais este xoves
O alumnado do curso anterior poderá renovar a súa praza ata o día 11, mentres que as novas inscricións realizaranse entre o 18 e o 24 de setembro
Muimenta acolle unha charla sobre o agrupamento voluntario de terras
A iniciativa conta coa colaboración de Agader, dependente da Consellería do Medio Rural, e co apoio do Concello de Cospeito
Volven organizar a comida popular con motivo das festas da Virxe do Monte
Este evento festivo ofrecerá un menú por 25 euros. A xente menor de 6 anos poderá asistir de balde, e os nenos entre 6 e 11 anos pagarán só 15 euros
O Concello da Pastoriza remata as obras de mantemento no Punto de Atención á Infancia
Os traballos incluíron o cambio de rodapés e a pintura interior de varias estancias
As Pontes contará este mes de outubro cun ciclo de teatro
A programación está composta por catro propostas escénicas de compañías galegas que mesturan distintas linguaxes e temáticas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Arranca a quinta edición do programa Coñece a túa provincia da Deputación
Preto de 1.200 veciños e veciñas de 26 concellos da provincia participarán entre setembro e outubro nesta iniciativa
Friol celebrará un curso de resolución de conflitos o día 8
As persoas interesadas poden inscribirse previamente chamando ao teléfono 982 375 001
A Xanela celebrará nas Pontes o día 28 a súa carreira e andaina solidarias
Esta iniciativa ten como obxectivo mostrar, a través do deporte e dos seus valores, a importancia do coidado das persoas con diversidade funcional e das persoas maiores
Xa están abertas as inscricións para a ruta BTT Terras do Eume ás Pontes
O importe a deportistas federados é de 20 euros, mentres que o prezo a pagar para os que non estén federados é de 32 euros
A Festa do Río, organizada pola Asociación Aquilino Iglesias de Muimenta, será o 7 de setembro
Os tickets para a comida veciñal teñen un prezo de 30 euros, e poden adquirirse na mercería Teresa
Bretoña, na pastoriza, celebra a Festa do Oito o luns
O día dará comezo ás 13.30 horas, cunha misa, procesión e sesión vermú a cargo do dúo Venus. A continuación, terá lugar un xantar baixo a carpa





