TerrachaXa
O Club Loitas Olímpicas Vilalba brilla nos Campionatos Galegos con 7 ouros e 2 pratas
O club xa comeza a preparación para as 17 participacións nos Campionatos de España, que representarán unha das tempadas con maior presenza de deportistas na competición estatal
O CEIP O Salvador da Pastoriza organiza unha xornada de portas abertas este martes
A sesión desenvolverase entre as 16:00 e as 17:00 horas
Abadín prepara a festa de Entroido
O desfile estará dotado con grandes premios en metálico par charangas, grupos e comparsas, parellas, individuais e comparsas mixtas
Alumnnas do Basanta Silva gañan o primeiro premio do Certame da USC Petiscos de Ciencia
Recibirán un agasallo por valor de 250 euros por acadar o primeiro posto
GaliciaXa
A gripe segue cunha incidencia estable en Galicia
A taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria baixa un 7 % respecto da semana previa
Recollen doazóns de sangue este martes en Friol
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas diante de Casa Peruchelas
Rematan as obras na vía de acceso a Cartemil, entre Rioaveso e Román
Esta nova obra de mellora era unha das máis agardadas por parte da veciñanza
GaliciaXa
Camiño Escena Norte abre o prazo de inscrición para a sétima edición
O programa de intercambio cultural estenderase neste 2025 ata un sexto territorio da Península Ibérica: A Rioxa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Volve poñerse en marcha o programa Tradigalu, para levar a música tradicional pola provincia
Cultura destina 350.000 euros ao programa, que contribúe ao sostemento de formacións musicais
Vilalba intégrase desde este martes no Eixo Atlántico
Esta incorporación permitirá á vila participar no desenvolvemento de políticas en ámbitos como o deporte, a cultura, a educación, o turismo e a sustentabilidade
O PP urxe ao Goberno central o arranxo da N-640 ao seu paso por Meira e A Pastoriza
Os populares botan en falta que o delegado do Goberno anuncie cando comezarán as obras
Vilalba homenaxea ao músico Santiago Mato Vizoso cun acto especial no Auditorio Municipal
Este incluirá momentos destacados como a descuberta da placa co nome de Santiago Mato Vizoso no Conservatorio de Vilalba
A Liga Nacional de Billarda volve a Castro Ribeiras de Lea co primeiro Aberto Río Miño
Este evento está organizado polos compañeiros de Billarda Río Miño e conta coa colaboración de diversas entidades locais
Comezan as obras de recuperación da cuberta da escola de Pardiñas
As goteiras no edificio causaban moitos problemas ao obradoiro de instrumentos tradicionais que acolle
Xunta e Concello de Cospeito unifican criterios para a atención aos maiores
Antón Acevedo sinalou que o Executivo Galego destinou o pasado ano máis de 260.000€ para o bono coidado no fogar neste municipio
A Xunta dá luz verde a repotenciación de parques eólicos como o que une Muras e Ourol
A repotenciación, con 47,3 megavatios, suporá o cambio de equipamentos e instalacións asociadas a el para pasar de contar con 74 aeroxeradores a só 11
O Iescha inicia o xoves próximo a programación dedicada a Rosalía de Castro
Arrancarán cunha palestra de Xosé Luís Axeitos e un concerto de Carlos Gómez Osa
Comeza a funcionar no CIS de Lugo a unidade de radiodiagnóstico que atenderá a 15 concellos
Atenderá a pacientes remitidos desde Lugo cidade, Baleira, Begonte, Castro de Rei, O Corgo, A Fonsagrada, Friol, Guntín, Meira, Outeiro de Rei, A Pastoriza, Pol, A Pontenova, Ribeira de Piquín e Taboada
Veciños de Roupar celebran o día 1 de marzo unha cena baile de Entroido
Haberá cocido completo e concurso de disfraces para adultos
A Rumboia organiza unha Foliada o día 22 en Gontán
Uns quince grupos participarán a partir das 17.30 horas nunha sesión na que haberá liscos, chourizos e viño quente
Finalizan esta semana as obras da pista do pavillón do CEIP Mato Vizoso
A actuación tiña un orzamento de máis de 77.000 euros con cargo ao Plan Deputación 2024
Este venres pecha na Escola Habanera de Guitiriz a mostra 'Tal como eramos'
Trátase dunha exposición impulsada polo Instituto de Estudos Chairegos que repasa a historia de Guitiriz a través de fotografías antigas
As Pontes destinará 1.500 euros a premiar este ano as mellores cestas de grelos
As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 2 de marzo
Convocada unha nova edición do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa de Muimenta
O prazo de entrega de traballos remata o 23 de abril e estes deben mandarse á asociación convocante



