TerrachaXa
Alba Sinde, elixida como secretaria xeral do PSdeG en Castro de Rei
A voceira municipal liderará un equipo centrado na igualdade, o desenvolvemento e o futuro do concello
Xornada Gastronómica na Pastoriza a cargo do chef Alberto Saavedra
As inscricións permanecerán abertas ata o 19 de outubro e poderán realizarse a través dos teléfonos da Asociación de Mulleres Rurais
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación e a Federación de Comercio sortean hoxe o premio de 2.500 euros da campaña Volta ao Cole
Este xoves, ás 19:00 horas na Praza de San Marcos, as persoas que acrediten unha compra nos negocios de proximidade da provincia entre o 1 de setembro e o 16 de outubro poderán optar a unha tarxeta de prepago
María José Gómez destaca a aposta polas razas autóctonas gandeiras para a sustentabilidade
A conselleira visitou neste Día Internacional da Muller Rural, unha explotación xestionada por unha muller e que está centrada no aproveitamento da cachena
O Concello de Rábade recupera o tramo que vai do Camiño Real a Ferrol
As actuacións inclúen a limpeza e desbroce da traza orixinal, a reposición do firme, o desentullo de cunetas e a recuperación de elementos tradicionais
Presentado o I Encontro Ecolóxico Galego, que se celebrará o 1 de novembro en Parga
A cita contará con mercado, obradoiros, debates e actividades para todos os públicos, coa sustentabilidade e o rural galego como protagonistas
Anuncian a renovación completa da vía que dá acceso aos Currás, en Distriz
O Concello actuou sobre toda vía co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica
Guitiriz remata varias obras do Plan Deputación e anuncia novas obras de mellora
Realizáronse tres intervencións en distintos puntos do concello cun orzamento total de 87.763,04 euros
Organizan en Goiriz un curso sobre saúde mental e emocional para coidadores
Será este sábado, ás 16.30 horas , acreditado por Afammer Lugo e Grupo Formared, e conta co apoio da Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade e o Plan Corresponsables
A Xunta e a Deputación de Lugo avanzan nun acordo pola Torre de Caldaloba
As dúas administracións iniciarán conversas para definir un pacto sobre a propiedade da fortaleza, mentres o xulgado fixará os prazos do proceso
As Pontes celebrou este martes o Día Mundial da Saúde Mental
As persoas usuarias da asociación leron un manifesto no que se puxo de relevo a importancia de visibilizar e defender a saúde mental, especialmente ante os efectos psicolóxicos que xeran as emerxencias a nivel individual e colectivo
Arranca en Cospeito o programa de vacinación nos colexios fronte á gripe
Persoal de enfermería da área sanitaria desprazouse ao colexio para administrar as vacinas, que se aplican por vía intranasal
San Paio de Narla celebrará o Día das Mulleres Rurais da Rede Museística
O programa xirará arredor da actualización do proxecto museolóxico SoTERRAdas, coa incorporación de novas pezas de mulleres artistas recentemente adquiridas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Pazo de Feiras de Lugo acolle o XXIII Día do Veciño cunha xornada de convivencia e actividades
No marco do Día do Veciño 2025 farase entrega das 22 V de Veciño, uns galardóns cos que a Federación de Asociacións de Veciños recoñece o labor de persoas e entidades que destacan
Xermade continúa cos seus cursos de saúde de outubro
Están financiados polo Ministerio de Igualdade e acreditados con diploma oficial por Grupo Forma-t e Afammer Lugo
Impartirán clases de baile na Pastoriza a partir de novembro
Trátase de formación en todos os estilos de baile en parella
A Casa das Insuas acolle a segunda parte do obradoiro de Apicultura Sostible
O programa comezará o venres 24 de outubro, de 16:00 a 20:00 horas, cun paseo práctico de identificación de polinizadores silvestres
Donalbai celebra as súas festas este sábado
A orquestra Suavecito será a protagonista da xornada festiva
LugoXa | TerraChaXa
A RAG homenaxea a Paco Martín no 40 aniversario de ‘Das cousas de Ramón Lamote’
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Tomé defende en Ponferrada que o Centro de Innovación Territorial vertebrará as políticas provinciais
Destacou o mandatario provincial que “o noso compromiso é converter a innovación e a sustentabilidade no motor dun desenvolvemento próspero"
Saborea as Pontes repartirá este ano 1.800 euros en premios as dúas fins de semana próximas
O horario do concurso será de 19:30 a 23:00 horas os xoves e venres, mentres que os sábados e domingos estará aberto tanto en horario de mediodía e noite
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
Alcaldes e concelleiros populares da zona centro da provincia reuníronse para reclamar cambios
O PP reivindica “cambios” na Deputación de Lugo onde o goberno provincial “aplica a lei seca” aos veciños e veciñas dos Concellos onde non goberna PSOE e BNG
Pablo Ulla e Zelinda Spencer gañaron a carreira Nocturna de Vilalba
A proba deportiva do San Ramón, que foi aprazada, reuniu arredor de 200 participantes polas rúas da vila
Veciños de Goiriz contarán cun curso de cestaría tradicional desde o día 24
A actividade será de balde para as persoas socias da Asociación Veciñal de Goiriz, mentres que aquelas que non formen parte da entidade deberán aboar unha cota simbólica de 10 euros
Convocado en Begonte un curso de cultivo de setas Shiitake
Ao rematar, poderán levar para a casa o seu propio tronco inoculado, co que continuar o proceso de produción de maneira autónoma




