TerrachaXa
O PSOE de Abadín reclama a mellora das vías municipais tralo arranxo das provinciais
O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz, agradeceu o traballo do presidente da Deputación de Lugo por mellorar as estradas provincias.
Licitan por 355.400 euros a segunda fase das obras da traída en Castro de Rei
A Consellería de Infraestruturas vén de publicar a licitación das obras da segunda fase da mellora do abastecemento en Castro de Rei.
Abren as piscinas de Cospeito
Onte abriu finalmente a piscina da Feira do Monte, aínda que o fará con aforo limitado a 165 persoas e compra de entradas adiantada.
Concentración das limpiadoras de Vilalba polo impago dos seus salarios
As traballadoras e traballadores da limpeza e ordenanzas do colexio Insua Bermúdez de Vilalba manifestáronse polos seus salarios.
O Lar do Acivro en Muimenta acolle a oito rapaces tutelados
No Lar de Acivro de Muimenta os oito mozos e mozas tutelados pola Xunta que acolle realizan actividades que garanten a súa estabilidade.
A Audiencia de Lugo absolve ao exalcalde de Muras dun delito de prevaricación
A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao exalcalde de Muras do delito de prevaricación que lle imputaba a Fiscalía.
O PSOE preguntará no pleno de Outeiro de Rei pola conexión da urbanización Triacqua
Preguntará o que ten pensado facer o Concello para solucionar o agravio ocasionado por unhas obras nas que se ocuparon máis metros.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O PP provincial apoia a Candia para revalidar a presidencia do partido
Enfado en Muras pola falta de médico, que se suma ao peche da oficina bancaria
Poucos días despois do anuncio de Abanca de pechar a oficina en Muras, súmasea dificultade de cubrir as baixas do persoal médico.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Ponse en marcha Saborea a túa provincia cunha demostración en San Marcos
Son unhas xornadas gastronómicas e lúdicas gratuítas, que comezarán este sábado en Viveiro e se celebraran todas as fins de semana de agosto.
O alcalde de Riotorto acusa á Deputación de discriminación
O alcalde de Riotorto, o popular Clemente Iglesias emitiu un comunicado no que acusa á Deputación de discriminación coa veciñanza.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Pleno da Deputación acorda instar á Xunta a reforzar a Atención Primaria
A Deputación insta á Xunta a reforzar a Atención Primaria, asegurando que o PP recortou 1.100 prazas dende que goberna.
O PP de Vilalba pide explicacións sobre os contratos das limpiadoras, convocadas a unha concentración
As traballadoras e traballadores da limpeza e ordenanzas do colexio Insua Bermúdez de Vilalba están convocados a unha concentración.
As Pontes adxudica as obras do camiño do Couce Seco
A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes adxudicou as obras de mellora do camiño municipal de Couce Seco, en Freixo.
Sotavento pecha o curso escolar con case 4.000 visitantes
Sotavento soubo adaptarse ás circunstancias causadas polo covid-19 reorientando as súas actividades para minimizar o impacto negativo.
TerraChaXa
Muras acolle unha xornada de observación de ceos
Muras volve contar este sábado, 31 de xullo cunha nova xornada de observación astronómica na parroquia do Viveiró.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os museos estrean actividades este mes de agosto
Os museos refrescan a súa programación en agosto con Escolma Diversa e Arte Viva, proxectos culturais do estudantado en Servizos Culturais.
O venres dará comezo a II Ruta Solidaria do Tríatlon Vilalba
Cruz Vermella de Vilalba prepara a segunda edición da carreira solidaria en bicicleta, que este ano terá lugar este venres, 30 de xullo.
TerraChaXa
Convocan na Pastoriza a praza dun enxeñeiro técnico agrícola
O Concello da Pastoriza, tras a publicación no BOP o 24, iniciou os trámites para a contratación dun enxeñeiro técnico ágricola ou forestal.
TerraChaXa
A Pastoriza comeza o día 4 coa recollida de enseres domésticos
O Concello da Pastoriza procederá os días 4, 5 e 6 de agosto, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.
TerraChaXa
Hoxe saen á venda as entradas do FIV 2021
O FIV está de volta e os abonos estarán á venda dende hoxe, ás 13 horas, a través da web. Serán un total de 200 que se venderá a 18 euros.
Alvariño remata campión de España absoluto e Castro competirá en Tokio mañá
O seteiro pontés Miguel Alvariño proclamouse esta fin de semana campión de España absoluto de tiro con arco.
TerraChaXa | AMariñaXa
Comezan traballos de limpeza de estradas da comarca
Iniciaranse as tarefas nas estradas LU-120, en Vilaba, e na LU-122, en Meira e Lourenzá, seguindo cos labores de roza na LU-172, en Muras.
TerraChaXa
A Granxa Gayoso Castro acolle unha poxa pública o venres
Celebrarase nas propias instalacións provinciais de Castro Ribeiras de Lea, a partir das 10.00h. A información está no BOP do día 20.





