TerrachaXa
Encerro na Xunta contra o peche do colexio de Baamonde
Persoal Docente da provincia comezou un peche como medida de presión contra da decisión de pechar o Ceip de Baamonde.
Entregados de forma virtual os premios do Belén de Begonte
Efectuouse a entrega virtual de premios dos Certames de Xornalismo, Poesía e Arte do Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte.
TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Prohiben as queimas agrícolas e forestais de particulares
A partires das 00,00 de mañá, venres, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia.
TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
Concellos da comarca reciben árbores autóctonas para plantar
A Consellería do Medio Rural cedeu á Federación de Veciños de Lugo arbóreas autóctonas que serán distribuídas entre 20 asociacións.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Sanidade permite ampliar o horario da hostalaría ata as 21 horas
O Vilalbés convoca aos socios para buscar a continuidade do club ante a falta de directiva
O Rácing Club Vilalbés celebra unha asemblea extraordinaria para falar da disolución do club se non aparece un novo presidente.
Continúan este sábado as presentacións de Lareira de Soños
Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG continuarán este sábado a programación de novidades desta tempada.
TerraChaXa | LugoXa
Abrirá un novo GES en Friol para atender a 5 concellos
A Deputación asinou en Santiago unha addenda do convenio, que permitirá mellorar a cobertura e a operatividade dos GES a nivel autonómico.
Entregados os premios en Xermade do concurso de fotos sobre a muller
Fixeron entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do concurso de fotografía MuXer: Muller de Xermade convocado polo Concello.
Entrevista: “Debemos estar ao carón deses sectores afectados polos peches”
Ao fronte da nova xestora do PP en Vilalba atópase Sandra Vázquez, unha vilalbesa procedente da parroquia de Santa María da Torre.
Reabre o prazo para o VI Concurso Avelino Díaz
Os concellos de Riotorto e Meira, coa colaboración da AC Avelino Díaz, retomaron a convocatoria do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz.
TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Solicitan a adecuación do catastro á realidade dos montes veciñais
A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que se inicien os traballos para adecuar o catastro á realidade dos montes veciñais.
O PSOE de Cospeito fará un informe do estado das vías
O partido socialista de Cospeito está a realizar un estudo das diferentes estradas e vías rurais co obxecto de facer un informe do seu estado.
ENTREVISTA: “Unha vez na illa atopamos moitas máis razóns para que fose o noso escenario”
O pasado mes Movistar+ estreou a segunda tempada da serie Hierro, obra do rabadense Pepe Coira, con quen falamos.
Imparten en Castro formación sobre inseminación de gando
Acruga forma en técnicas de inseminación artificial a 15 gandeiros de Rubia Galega en accións desenvolvidas na Granxa Gayoso Castro.
Convocado para o 11 de xullo o Trail das Bestas
A organización do Trail das Bestas vén de convocar unha nova edición para o 11 de xullo, domingo, se a situación sanitaria o permite.
Presentan o libro cos microrrelatos do concurso vilalbés
A casa da cultura acolleu a presentación do libro Microrrelatos no que se poden atopar os 18 traballos premiados no primeiro concurso.
A Deputación inicia as obras da estrada entre Panchita e Oleiros de Vilalba
Comezaron as obras de mellora do pavimento da estrada LU-P-6510, que conecta os núcleos de Panchita e Oleiros, no Concello de Vilalba.
TerraChaXa
Guitiriz, Xermade e Vilalba únense para solicitar un punto de atención temperá
Os concellos de Xermade, Guitiriz e Vilalba agrupárose para a solicitude conxunta dun punto de atención temperá de 1.760 horas anuais.
O mercado das Pontes instala un sistema de control de aforo
O Concello das Pontes puxo en marcha un control de aforo dixital no mercado municipal co obxectivo de aumentar a seguridade.
Vilalba Aberta denuncia impagos á traballadoras da limpeza
Vilalba Aberta denuncia impagos de ata sete meses ás traballadoras do servizo de limpeza nos colexios da localidade.
Abre o prazo en Outeiro de Rei para as actividades de primavera
O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades de primavera e verán que se densevolverán para todas as idades.
TerraChaXa | LugoXa
Dous lugueses foron condecorados polo seu labor humanitario
Dous lugueses, de Lugo e A Pastoriza, recibiron onte senllas condecoracións do Mérito da Protección Civil polo seu labor humanitario.



