O PSOE de Abadín quere impulsar a concentración parcelaria

TerraChaXa
O PSOE de Abadín presentou unha moción ante o Pleno no que insta ao Concello a que se involucre e impulse a concentración parcelaria.
vista abadin monte
vista abadin monte
14 Mar 2021

O PSOE de Abadín presentou unha moción ante o Pleno do Concello no que insta ao Concello a que se involucre e impulse a concentración parcelaria.

Segundo indica o partido, o Concello necesita realizar políticas de ordenación e desenvolvemento no medio rural que doten de servizos e expectativas laborais á poboación. "Para iso é necesario realizar investimentos que potencien as súas infraestruturas como base para o seu desenvolvemento, actuando na mellora dos seus camiños, abastecementos, saneamentos e dotacións comunais", din.

Aseguran que é importante para Abadín ter un sector primario competitivo, xerador de riqueza para que faga de motor económico polo que consideran que os procesos de concentración parcelaria son un arma importante para este fin.

Consideran por tanto que deben impulsar ante a Consellería de Medio Rural unha adecuada ordenación da propiedade, mediante actuacións que levan a cabo o desenvolvemento de concentracións parcelarias nas parroquias.

Piden ao Concello por tanto que impulse esta reorganización da propiedade empezando por reunións veciñais para coñecer o sentir popular, impartindo charlas informativas e que se inste á Xunta a que promova concentracións parcelarias nas zonas de actuación do Concello e impulse as de Moncelos e Galgao, xa que esta última está paralizada.

0.18782496452332