A Graña celebrará o 23 de maio unha gran comida veciñal en Abadín

TerraChaXa
As inscricións realizaranse o domingo 17 de maio na casa escola, en horario de 10.30 a 12.30 horas
comida-vecinal-a-grana
16 May 2026

A parroquia da Graña, no concello de Abadín, acollerá o vindeiro sábado 23 de maio unha gran comida veciñal que reunirá á veciñanza nunha xornada festiva marcada pola gastronomía e a música.

O evento desenvolverase nun campo cuberto con carpa e contará cunha sesión vermú ás 14.00 horas e cunha sobremesa musical a partir das 18.00 horas amenizada polo Dúo Clave.

O menú estará composto por empanada, xamón cocido, polbo con cachelos, churrasco, sobremesa e café. O servizo da comida correrá a cargo da empresa Pulpo e Churrasco Hnos. De Bascuas Catering.

O prezo será de 36 euros para persoas adultas, 20 euros para nenos e nenas de ata 12 anos e gratuíto para menores de entre 0 e 5 anos.

As inscricións realizaranse o domingo 17 de maio na casa escola, en horario de 10.30 a 12.30 horas. Dende a organización lembran que será obrigatorio presentar o ticket para poder asistir á comida.

0.11605405807495