La Granxa Gayoso Castro acogió una formación gratuita sobre recría de vacuno de leche

LugoXa | TerraChaXa
A xornada formativa, impartida por Seragro, busca proporcionar aos participantes coñecer de preto as técnicas e o labor diario que se realiza nesta granxa
xornada-recria-granxa-gayoso-castro
1 Nov 2024

A Deputación de Lugo ofreceu este xoves unha xornada formativa e gratuíta na Granxa Gayoso Castro da institución provincial sobre a recría de gando vacún de leite. O Deputado de Recursos Sostibles, inaugurou a acción formativa na que participan gandeiros e gandeiras de toda a provincia. O deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, inaugurou a acción formativa que ten como obxectivo proporcionar coñecementos teóricos e prácticos optimizar as súas actividades e mellorar a calidade da súa produción.

A xornada formativa, impartida por Seragro, busca proporcionar aos participantes coñecer de preto as técnicas e o labor diario que se realiza nesta granxa da institución provincial, un referente na recría en España e que atende as necesidades de preto de cen gandeiros e gandeiras da provincia.

Francisco Cajoto sinalou que “este servizo a institución provincial non só facilita a produción de gando de alta calidade, senón que tamén xera postos de traballo e contribúe a reducir os custos de operación para os gandeiros, que anteriormente tiñan que desprazarse a Zaragoza para realizar a recría”.

“O sector primario é un dos motores da economía da nosa provincia, e esta xornada reflicte o noso compromiso co seu desenvolvemento”, afirmou o Deputado, subliñando a importancia da formación e a innovación para o futuro sostible da actividade gandeira. Así mesmo, lembrou que a Deputación anunciou a creación dunha granxa de Porco Celta na Finca Gayoso Castro, como parte da súa estratexia para fortalecer o sector rural e fomentar o desenvolvemento sostible na provincia.

O programa da xornada inclúe unha parte teórica sobre os principios de ventilación e orientación nas naves de recría, así como unha parte práctica que permitirá aos asistentes visitar as instalacións da granxa provincial e coñecer de primeira man o traballo que se realiza.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17678999900818