Cohempo convoca unha manifestación contra a suba de prezos

TerraChaXa
A Asociación de Empresarios e Comerciantes das Pontes, Cohempo, convocou unha manifestación en protesta pola suba dos prezos.
concentracion suba prezo luz cohempo as pontes portada
concentracion suba prezo luz cohempo as pontes portada
28 Mar 2022

A Asociación de Empresarios e Comerciantes das Pontes, Cohempo, convocou unha manifestación para esta tarde, en protesta pola suba dos prezos.

En particular Cohempo quere posicionarse en contra da suba do prezo da luz, dos carburantes é da cuota de autónomos.

A concentración terá lugar hoxe ás 20.00 horas na avenida de Galicia.

A organización pide que se leve unha vela e roupa escura. Durante a mesma levaranse a cabo unha sentada con velas e pancartas e gravarase un vídeo có fin de difundilo os vindeiros días.

Segundo indican dende a Cohempo, "debido á situación actual que atravesa o noso país, foron moitos/as os/as asociados/as que durante os últimos días contactaron connosco para transmitirnos a súa preocupación. Por este motivo, e tras sometelo a votación, decidiuse convocar unha concentración".

0.1856689453125