168 persoas participan o domingo na III Carreira Popular de Cospeito

TerraChaXa
Haberá unha proba absoluta, cuxo circuíto de 10 quilómetros arrincará ás 11.00 horas da casa do Concello
carreira-popular-concello-de-cospeito
Cartel da carreira
18 Maio 2024

O Concello de Cospeito celebrará este domingo a terceira edición da Carreira Popular, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e da Xunta de Galicia. Contará para este ano coa participación dun total de 168 atletas, 80 dos cales son na categoría sénior.

Haberá unha proba absoluta, cuxo circuíto de 10 quilómetros arrincará ás 11.00 horas da casa do Concello e discorrerá por vías asfaltadas e de terra, a meta será no campo da feira de Feira do Monte.

Os máis pequenos completarán tres diferentes percorridos en Feira do Monte, a partir das 12.30 horas, 150, 600 e 1.500 metros.

0.16460204124451